Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta robótica. Mostrar todas las entradas
viernes, 31 de enero de 2020
NOVO ESPAZO MAKER NA BIBLIOTECA
Xa temos operativo o noso novo ESPAZO MAKER na biblioteca de Libroreta!
Grazas á colaboración de Jose, o noso conserxe e ao equipo de biblioteca, recuperamos un moble que servirá de espazo creativo. Todas as novas adquisicións de robótica e outros materiais maker quedarán ordenados neste novo recuncho.
Xa sabedes... a pensar e a crear sen límites!!! imaxinación ao poder!!!
sábado, 14 de diciembre de 2019
SESIÓN "GAMER" NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO
Onte o recuncho de Libroreta serviu para que o alumnado de sexto mostrara ao resto de compañeiros as súas creacións feitas na materia de "Programación e Robótica" durante a primeira avaliación.
Aproveitando o programa Scratch, desenvolveron varios videoxogos sobre diferentes temáticas: "o rato cometacos", "Rebotitos", "A bola sabidicha" ou "Ataque alieníxena" foron os títulos elixidos polo alumnado para por en práctica os seus coñecementos de programación.
Seguro que a aceptación do resto dos nenos servirá coma enerxía para desenvolver novos proxectos. En breve máis e mellor!!!
miércoles, 4 de diciembre de 2019
INVASIÓN ROBÓTICA
Libroreta informa!!!
Xa chegou ao cole o novo material de robótica que nos facilitou a Consellería de Educación por participar no Programa de Innovación Educativa.
En breve xa estarán rodando polas aulas e pola biblioteca os novos amiguiños!
sábado, 30 de noviembre de 2019
GALILEO CHEGA AO NOSO COLEXIO
Xa está aquí e chega para quedarse!!!
Libroreta convidou a un gran amigo seu para que pase un tempo con nós.
Como sabedes, este ano, dende a biblioteca estamos a traballar os inventos. Ademais están a chegar moitos robots que nos farán pasar un bo rato mentres aprendemos. Galileo chega para axudar aos mestres e mestras a facer moito máis divertido o día a día.
Moitas grazas á profe Aida por compartir con todos nós as súas creacións!
MÁIS EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA
O alumnado de 6º de Ed. Primaria organizou na biblioteca do noso centro unha pequena exposición con experimentos moi interesantes. Convidaron a todo o alumnado do cole a que puideran "trastear" cos seus CACHARROBOTS ou que intentaran encender unha bombilla led cuns limóns (LIMON-BILLA). A experiencia foi moi gratificante para tod@s. Sen dúbida o que máis sorprendeu foi a posta en marcha do MAKEY-MAKEY e a utilización de SCRATCH para programar este dispositivo. Ver como se toca o piano cuns plátanos non é algo que ocorra todos os días.
Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo!!!
viernes, 22 de noviembre de 2019
EXAME DE ESCORNABOT
Xa temos os Escornabots montados e listos para funcionar!!!
Pero antes é necesario poñer a proba aos futuros usuarios. Nesta ocasión foron os mestres e mestras do cole os que pasaron pola nosa biblioteca para "examinarse" no manexo de Escornabot. E sabedes unha cousa... tod@s aprobaron!!! E con nota!!!
En breve comezarán a viaxar polas aulas e poderemos aprender moitas cousas dándello as ordes necesarias e disfrutar cos seus peculiares movementos.
jueves, 21 de noviembre de 2019
ESTAMOS DE NORABOA!!!
Saúdos nenas e nenos. Saúdos familias!!!
Estamos de parabéns. O noso centro acaba de ser seleccionado no "Proxecto de Introdución á Robótica" proposto pola Consellería de Educación para este curso 2019/2020.
Nesta ocasión foron seleccionados un total de 25 centros educativos en toda Galicia (tres en Vigo) e o CEIP O Sello está dentro dese grupo de afortunados!
Esta gran nova para toda a comunidade educativa vén cargada de novo material para uso e disfrute do noso alumnado. En breve estarán correndon polas nosas aulas outros novos amiguiños: OS MBOTS!
Pinchade no seguinte enlace se queredes saber máis sobre o proxecto.
sábado, 2 de noviembre de 2019
ROBOTICANDO UN POUCO
Comezamos unha nova sección neste espazo de Libroreta cun par de enlaces a uns xogos moi interesantes. Clica nos enlaces e disfruta dun momento moi divertido mentras pensas e axuda aso nosos amigos a lograr os seus retos.
![]() |
| https://blockly-games.appspot.com/ |
![]() |
| https://lightbot.com/flash.html |
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








