jueves, 21 de mayo de 2020

ENQUISA DE VALORACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Saúdos nenos e nenas!
Saúdos familias!!

Coma todos os anos, dende a biblioteca, queremos saber a vosa opinión sobre o uso deste marabilloso espazo que temos no noso centro.
Iso si, nesta ocasión a enquisa vai ser on line!
Agradecemos enormemente as vosas aportacións. Lembrade que so podemos facer un cuestionario por familia.
Se alguén ten algunha dúbida ou problema que avise por mail.
Aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo e desexar que todos esteades ben!
Libroreta!

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!!!




Para coñecer un pouco máis a obra de RICARDO CARVALHO, autor homenaxeado neste día, queremos achegar aos nenos e nenas a poesía. Trátase dun sinxelo valse primaveral composto por Uxía, sobre un fragmento dun poema recollido no libro "Reticencias" de Ricardo Carvalho. Grazas profe Maijo!!!.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Mañá celebramos o día das Letras Galegas, e imos quentando motores, valorando e querendo a nosa lingua e cultura galega.
Aqui vos deixamos un "pedaciño de tod@s", de Galicia e do noso día. E se poidésemos achegarnos, nos fundiríamos "nunha aperta" inmensa. 
O poema é do poeta Manuel Maria "A fala" cantado por Uxía. Espero que vos guste. 😉😘



martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DA MULLER MATEMÁTICA 2020



                                        CLICA NA IMAXE PARA IR Á WEB


Bo día!!
Achegamos esta iniciativa, que nos chega dende Canarias. con propostas de actividades STEAM para nenos e nenas de Educación Primaria. Por aí anda Paola Guimerans coñecida dos nosos espazos creativos. Desta forma queremos conmemorar o 12 de maio: "Día da muller matemática".


lunes, 11 de mayo de 2020

OS MAIOS DIXITAIS 2020

VÍDEO OS MAIOS

Grazas a colaboración de toda a familia do CEIP O Sello, xa temos o noso vídeo sobre esta tradicional festa galega, que festexa a chegada da primavera.

Foi un gran traballo de todos e todas, neste inusual MAIO DIXITAL 2020, que celebramos dende a casa.

Desexamos que vos guste moito.

miércoles, 6 de mayo de 2020

HISTORIA SEN FINAL CLARO... POR ESTELA (6ºEP)

A nosa compañeira Estela (6º EP) escribiu unha interesante historia de algo que "sucede" no noso colexio pero... non sabemos moi ben como remata. Ela proponnos coma reto que intentemos buscar un final e argumentalo. Alguén se anima!? Para deixar a vosa proposta podedes enviar un mail a orecunchodelibroreta@gmail.com e publicaremos aqueles máis orixinais ou que se acerquen máis ao final que propón Estela!!





CASO ABIERTO

El día 28 de abril, cuando empiezan las clases, todos los niños del colegio O Sello celebraban el día en el que el colegio se inauguró. Cantaron, bailaron, comieron y después siguieron jugando.
Cuando llegó el autobús, y todos los niños/as se fueron del colegio a sus casas,  solo quedaban la directora, el conserje, la orientadora y el profe de mates.   A la mañana siguiente cuando los niños/as llegaron al colegio se encontraron a su directora tirada en el suelo rodeada por un gran charco de sangre. De inmediato llamaron a la policía y a un detective.

Cuando llegó, la policía le preguntó, al detective si había encontrado pistas para llevarlas a examinar al laboratorio pero el detective Conan les dijo que no había encontrado nada. Que él acababa de llegar y que con solo escuchar a los testigos conseguiría saber quién era el asesino.
Tenían 3 sospechosos: el profe de mate, la orientadora y el conserje.  El detective Conan les preguntó qué fuera lo que habían hecho ayer entre las 6 y las 7 y si alguien podía confirmarlo.

El profe de mate dijo: – Yo estaba preparando un examen para los niños y las cámaras de seguridad lo podían confirmar.
El conserje dijo:  -yo estaba cortando la hierba del patio y  las cámaras de seguridad lo pueden confirmar.
Por su parte,  la orientadora dijo: -Yo estaba haciendo un test para los alumnos/as. Tiene que hacerlo el día después de la inauguración del colegio y, aunque a ninguno les gusta, deben hacerlo porque lo manda el parlamento de Galicia. Mi ordenador lo puede confirmar porque le mandé una foto a la Inspectora y ella también lo puede confirmar.
Bueno, después de escuchar todas las versiones, el detective Conan dijo: “ya sé quien la mató”.

¿¿¡¡Sabrías tú quién fue el o la responsable!!??

O PAPAGAIO XA ESTÁ AQUÍ!!!

CLICA NA IMAXE PARA LER O XORNAL

Xa está aquí un novo número do xornal máis xenial do mundo mundial!! O noso amigo "O Papagaio" trae novas historias do máis divertidas, pasatempos, curiosidades, contos...
 É outra forma de ler e pasar o rato!!
Un abrazo.

CONTOS PARA TOD@S

CLICA  PARA VIAXAR POR CADA CONTO
Volamos xunt@s? Soñamos? Viaxamos por cada páxina? 

Contos narrados
Contos pictografiados
Conta-contos
Contos animados