martes, 26 de abril de 2022

Día do Libro no Sello

O venres 22 de abril celebramos o día do Libro no Sello 📙

Fixemos a entrega de premios dos dous concursos, que traballamos durante as semanas previas.

  

- Concurso "Libros de cine": aquí temos a exposición dos libros levados ao cine, que foron feitos polo noso alumnado. 



Concurso "Ata sempre, Libroreta!". Libroreta deixa vacante o posto de mascota da biblioteca non sen antes pedirnos un último reto: crear á súa futura sucesora! Así que todo o alumnado do Sello púxose mans ás obra!!

 

E tras unha axustada votación presentamos a nosa nova mascota, creada por Geni. Noraboa!


No seguinte vídeo temos os/as gañadores/as dos dous concursos. Foi unha decisión moi complicada xa que rozouse case o 100% de participación e o nivel das propostas era moi alto! Parabéns a tódolos/as participantes!