lunes, 23 de mayo de 2016

RECITAMOS A MANUEL MARÍA

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Manuel María, decidimos decorar as nosas escaleiras con dúas das súas obras: "O soñador" e "Galicia". Por suposto aprendémolas para poder recitalas. Tamén decoramos entre todos un fermoso mural. 
Mirade que chulo quedou todo

COPLAS DO MAIO FLORIDO

Aquí vos deixamos as coplas que compuxeron os nosos alumnos para o Maio Florido. A verdade é que estes rapaces estanse a converter nuns expertos nisto da rima.

Maios e Letras Galegas

Por fin despois de ter que atrasar a celebración dos Maios e do Día das Letras Galegas por culpa do mal tempo, o pasado venres 20 de maio puidemos levar a cabo todas as actividades, que con tanto esforzo habiamos preparado.
Primeiro decoramos o noso Maio coas flores que trouxo o alumnado...  e ben vistoso que nos quedou!!! Despois homenaxeamos a Manuel María, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. Recitamos e cantamos algún dos seus poemas.
E para rematar cantamos as nosas propias coplas dos Maios e bailamos ao redor del. A ver se conseguimos que o bo tempo se quede connosco por fin!!!
Aquí vos deixamos un vídeo de todo o traballo realizado. 


lunes, 16 de mayo de 2016

CHOROUVÍA

O pasado 10 de maio recibimos no cole ao grupo de Pandereteiras "Chorouvía", da Asociación de Veciños de Cabral. Co gallo da próxima celebración das Letras Galegas e relacionado co noso Proxecto Anual, puidemos gozar da actuación deste marabilloso grupo de música tradicional galega, que nos amosou as cancións, os instrumentos e as costumes e tradicións da vida dos nosos avós.
Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos.

viernes, 13 de mayo de 2016

RECAUDACIÓN "SAVE THE CHILDREN"

Unha vez finalizada a campaña "Marcapáxinas Solidarios" temos o pracer de informar que grazas ao traballo e implicación de gran parte do alumnado do centro, acadouse unha recadación total de 564 €. Estes cartos irán destinados a ONG "Save the Children" para combater a desnutrición infantil en zonas desfavorecidas como a de Burkina Faso e Sahel.
Moitas grazas a todos os que colaborastes nesta causa porque xuntos podemos mudar un milleiro de historias.


                           

miércoles, 11 de mayo de 2016

A REBELIÓN DAS OVELLAS

O profe de música, Manuel,  fixo esta marabilla co poema de Manuel María, "Conto de Medo" incluído na obra do autor "Rúas do vento ceibe".
A música, as ilustracións e por suposto a voz son do noso profe Manuel; sen dúbida un gran traballo dun gran artista. 
                                Noraboa profe!!
         

          

martes, 3 de mayo de 2016

CONTACONTOS ILUSTRADO LETRAS GALEGAS 2016

A Concelleria de Normalización Lingüística organiza de maneira gratuita un contacontos ilustrado sobre unha das obras do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Aquí vos deixamos a información sobre esta actividade, por si resulta do voso interese.