miércoles, 30 de noviembre de 2016

CULTURGAL 2016

Una nova edición do CULTURGAL, a Feria das industrias culturais, celebrase esta fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo esta xa a novena edición. Dende o venres día 2 ata o domingo dia 4 de decembro poderedes gozar de máis de 80 postos adicados ao libro, a música, o teatro, o mundo audiovisual, infantil, a tecnoloxía e máis. Culturgal ofrece ao longo destes tres días mais de 120 actividades: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito mais.
Sen dúbida un bo plan para pásalo en familia. 
Deixámosvos o programa por si fora do voso interese.


OBRADOIRO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Un curso mais, a Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, fixo partícipe ao noso alumnado de 3º e 4º de EP, dunha interesante actividade.                                                             
A partir de ingredientes naturais, elaboraron pasta dentífrica, que levaron para casa traballando tamén o léxico bucal en galego.                                             

domingo, 20 de noviembre de 2016

COMEZAMOS!!!!


Este luns 14 de novembro comezamos o clube de lectura co alumnado de 4º ,5º e 6º.  
O conto de " Sabela e as zocas máxicas" será o canle motivador . Con este conto do Proxecto Terra , o alumnado do clube de lectura convertiranse  en mestres  e despois de ler e traballar o conto serán eles mesmos os que o trasmitirán a todo o alumnado de infantil do noso cole.

Nesta primeira sesión limos as normas do clube para os novos membros, presentamos a historia, limos o conto entre todos e fixemos o personaxe do principal para que sirva de elemento motivador para os mais pequenos.