viernes, 18 de diciembre de 2015

POSTAL GAÑADORA DE NADAL

Como cada ano celebrouse no cole o concurso da postal de Nadal. O debuxo debía estar relacionado co proxecto anual do cole e coa temática de nadal. A postal gañadora foi, coma sempre, impresa no calendario anual que se envía as familias nestas datas.
Este ano o gañador foi Sergio Riobó Rodríguez de 6º de Primaria.


                                   ¡¡¡¡Noraboa Sergio!!!! 

Ademais da honra de incluírse a súa obra no calendario anual, Libroreta agasallou a Sergio cun precioso libro. Esperamos que che guste Sergio!







FRASE CÉLEBRE

Libroreta estaba moi leda con todas as reformas que fixeron no seu recuncho, e por iso decidiu organizar un concurso dunha frase célebre, que anime a ler e a visitar a Biblioteca do cole.
Debía ser unha frase que reflectira os sentimentos e as emocións que espertan en nós os libros e as historias marabillosas que atopamos neles.
Houbo unha gran participación e frases preciosas. Por iso a elección estivo complicada, pero finalmente a máis votada foi a do noso cativo Izan, de 5º de Educación Infantil.

                                      ¡¡¡Parabéns Izan!!!


A frase célebre incluíuse no tríptico coas recomendacións lectoras de Nadal. Ademais Libroreta agasallou a Izan cun fermoso libro. 



Felicidades Izan, e que sigas embarcándote en marabillosas historias.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Nestas datas sinaladas onde temos moito tempo para facer o que mais nos gusta, Libroreta recoméndavos estas lecturas que seguro os farán pasar un rato ben agradábel.

                         ¡¡¡Desexámosvos boas festas!!!

domingo, 13 de diciembre de 2015

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Co gallo da conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía, aproveitando que estamos a traballar ao redor das "Costumes e Tradicións Galegas", decidimos compoñer entre todos un quebracabezas de Galicia. Repartimos as catro provincias por aulas e cada grupo investigou e destacou na súa provincia os aspectos mais salientables da súa temática dentro do proxecto. O reparto foi o seguinte:

               Educación Infantil: Lugo.
               1º e 2º de Primaria: Pontevedra.
               3º e 4º de Primaria: A Coruña.
               5º e 6º de Primaria: Ourense.

Foi unha actividade moi chula e na que aprendemos un montón de cousas da nosa comunidade. Para rematar, un par de alumnos de cada grupo explicounos ao resto o que aprenderon e representaron na súa provincia, para que todos o puidésemos aprender tamén.

                             Mirade que ben nos quedou!!!!





martes, 1 de diciembre de 2015

TRÍPTICO INFORMATIVO

Aquí vos deixamos o tríptico que repartimos o día da inaguración da nosa biblioteca coas normas básicas sobre o seu funcionamento e servizos