miércoles, 31 de mayo de 2017

EN GALEGO XA, SÍ!

Baixo o lema "En galego xa. sí!", levouse a cabo outra das actividades propostas polo EDLG durante a Semana das Letras Galegas. Co fin de fomentar o uso do galego na nosa escola, propuxémoslle a toda a comunidade educativa que ao longo desa semana falase galego durante a xornada escolar e ambientouse tamén o colexio con diferentes frases motivadoras realizadas por alumnos e mestres contribuíndo á posta en práctica desta iniciativa.

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA!

      "Todos os camiños levan a Santiago"
Chegou o turno de 4º de Ed. Primaria e que mellor forma de rematar este proxecto que coa Credencial do peregrino a a Compostela. Ao chegar ao final deste percorrido todos os cursos tivemos mais que merecido a nosa Credencial selada polos nosos compis como símbolo do fin do camiño, dos coñecementos adquiridos e compartidos e do traballo ben feito.

martes, 30 de mayo de 2017

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA!

      "Todos os camiños levan a Santiago"
Nesta ocasión tocoulle o turno a 5º de Ed. Primaria quen investigou a reo sobre a Orixe do Camiño de Santiago e compartiron os seus coñecementos co resto do alumnado.  
Os Símbolos característicos do camiño, foi o tema no que tiveron que axudar a Libroreta os alumnos de 1º de Ed. Primaria e aquí tedes un bo exemplo dos resultados obtidos. 

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA!

                                        "Todos os camiños levan a Santiago"
Libroreta preguntoulles aos alumnos de 3º de Ed. Primaria Cando é o ano santo e por que e como podedes comprobar no seguinte vídeo déronlle resposta á nosa mascota preguntoira.
Ademais os alumnos de 2º de Ed. Primaria explicáronnos  Os rituais ao chegar a Santiago dos que todos tomamos boa conta por se nun futuro facemos o camiño.

lunes, 29 de mayo de 2017

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA!

       
"Todos os camiños levan a Santiago"
Viaxando por España e a raíz do noso proxecto anual de centro, "Unha andaina por España", Libroreta aprovetou a Semana das Letras Galegas para percorrer os diferentes camiños que chegan a Santiago mais xurdíronlle algunhas dúbidas coas que lle tivemos que axudar. Preguntoulles a todos os cursos cal é o nome da ruta que atravesa a súa Comunidade Autónoma así como onde comeza e cantos km ten.
Concretamente no caso dos alumnos de 6º de Ed. Primaria, quixo que afondasen sobre a Catedral de Santiago e aos cativos de Ed. Infantil invitounos a profundizar na Indumentaria do peregrino.

jueves, 25 de mayo de 2017

XINCANA LITERARIA NO IES RICARDO MELLA


O 18 de maio con mor da celebración do día das Letras galegas, e como actividade incluída nas Bibliotecas Escolares Solidarias , levamos a cabo unha actividade conxunta fóra do centro co alumnado e profesorado do IES Ricardo Mella.


Grazas a colaboración de todo o profesorado e o alumnado do instituto, o alumnado do voluntariado lector e membros do Clube de Lectura " Crazy polos books" fomos convidados a participar nesta actividade de convivencia, unha " Xincana Literaria" que sen dúbida non nos deixou indiferentes.
Unha experiencia moi enriquecedora onde aprendemos, disfrutamos e o pasamos fenomenal!!!


domingo, 21 de mayo de 2017

MAIS LETRAS GALEGAS

Despois da actuación das Maimiñas, continuamos celebrando este día da man dos alumnos de 5º de EP que compartiron con todos nós os coñecementos adquiridos da súa investigación sobre a biografía e bibliografía do autor protagonista das Letras Galegas deste ano. 
O broche final a unha xornada tan intensa, o puxeron os alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Carlos Casares acompañados dos seus mestres, levando a cabo unha serie de actividades simultáneas por todas as aulas do noso centro, impartindo a cada un grupo un obradoiro sobre Carlos Casares acorde a súa idade. 
O alumnado de E. Infantil participou no "Xogo de Leoncio", baseado no libro de A galiña azul, nunha lona xigante, colocada no chan a modo de Xogo da Oca. Previamente contáronlles a historia de Leoncio e A galiña azul.
Para 1º e 2º de E. Primaria, utilizaron as casas do xogo anterior, e crearon unha versión on line. Ademais, cantaron unha canción baseada na historia de A galiña azul acompañada da percusión das cuncas. 
Os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria desenvolveron a actividade chamada  "O tren de Casares", na que o alumnado do IES contoulles un conto, acompañado dun vídeo amosando a biografía do escritor. A continuación participaron, formando equipos, nun xogo de mesa resolvendo probas e respondendo preguntas baseadas no conto inicial. 
En canto a 5º e 6º de E. Primaria visionaron un filme de Casares e escoitaron un conto baseado na biografía do escritor. Posteriormente, formando equipos, participaron nun xogo de mesa no que o taboleiro estaba inspirado nun carrete antigo de cine e, imitando o famoso xogo do Trivial,  foron respondendo preguntas e resolvendo probas para gañar as pezas da bandeira galega. 
Dende aquí queremos felicitar a todo o equipo de alumnos e mestres do IES Carlos Casares por tan bo traballo e a súa dedicación non só á hora de preparalo senon de poñelo en práctica con tanto mimo e profesionalidade por parte de todos.
 

sábado, 20 de mayo de 2017

AS MAIMIÑAS NO SELLO


Chegou o día da celebración das Letras Galegas e que melllor que comezar cun número musical da man das MAIMIÑAS. Coas súas disparatadas historias e sen deixar de cantar, este dúo de Mos, conseguiu que tanto o alumnado como o claustro de mestres bailase e cantase transportándonos a unha divertida e interesante viaxe polo mundo.  
Dende esta xaneliña queremos darlle as grazas ao ANPA do noso centro por colaborar con nós e facer posible que todos gozásemos desta actuación.

miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017


No CEIP O Sello levamos varias semanas cos preparativos dun día moi especial para os galegos, o Día das Letras Galegas. Este ano é Carlos Casares Mouriño o autor homenaxeado e co fin de achegar ao noso alumnado a súa obra, o EDLG asignou a cada aula un conto da súa literatura infantil, dos fondos da nosa Biblioteca, para traballar durante as "Horas de Ler":
E. I.: “ Lolo anda en bicicleta”

1º E.P.: “Toribio ten unha idea”

2º E.P.: “Toribio revoluciona o tráfico”

3º E.P.: “Toribio contra o profesor Smith”

4º E.P.: “O can Rín e o lobo Crispín”

5º E.P.: “A galiña azul”

6º E.P.: “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” 
Posteriormente á lectura e comprensión destes contos, os alumnos representaron a portada do mesmo e retrataron ao escritor ourensán na contraportada. Todos eles expuxéronse nos corredores do noso colexio sumándose tamén os seus protagonistas: Toribio, Lolo, o can Rín, o lobo Crispín, a galiña azul, o Principiño ou as laranxas entre outros.
A semana las Letras Galegas aínda non rematou, así que non perdades de vista esta xanela porque temos preparadas algunhas sorpresiñas mais relacionadas con este día.


miércoles, 10 de mayo de 2017

AS MAIMIÑAS

O vindeiro venres día 19 de maio, con motivo da semana das Letras Galegas, recibiremos no noso cole a visita dun dúo de mosenses que compartirán con nós a súa aventura de "contar" contos fantásticos acompañados con música en directo e moita imaxinación. 
Aquí vos deixamos un pequeno aperitivo para que as vaiades coñecendo.
https://www.youtube.com/watch?v=FTMSv5meBsQ&list=PLSKIP1hsOgp-xd6Z2SoC9-b75_soWqXnA&index=4
Preme na imaxe.

PASEO LITERARIO VERNE

domingo, 7 de mayo de 2017

MAIOS 2017


Como cada ano por estas datas celebramos o Maio Florido e aínda que o mal tempo fixo que tivésemos que cambiar de escenario, non impediu que o noso traballo saíse adiante con moitas gañas e ilusión. Entre todo o alumnado e o claustro de mestres, decoramos o maio dende as primeiras horas da mañá grazas á colaboración das familias que aportaron flores, funcho, ovos, froita... necesarios para a súa elaboración. Unha vez rematado, cada grupo recitou a súa copla relacionada coa Comunidade Autónoma que está traballando durante todo o curso con motivo do noso proxecto anual "Unha andaina por España". Para rematar, cada curso posou a modo de Photocall co protagonista do día, o Maio Florido do Sello.

jueves, 4 de mayo de 2017

RECURSOS EDUCATIVOS CARLOS CASARES

Aquí vos deixamos diferentes páxinas onde podedes atopar recursos variados sobre a vida e obra de Carlos Casares, autor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano 2017.

Para acceder a eles só tedes que premer na imaxe que queirades.






http://seminariogalan.org/

http://elocas2001.wixsite.com/galinaazul