lunes, 24 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 24 DE FEBREIRO


Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro. Desta forma lembramos o nacemento desta gran poetisa galega do século XIX á que lle debemos tanto.
En breve subiremos ao blog de Libroreta as producións propias do noso alumnado. Mentres tanto, deixámosvos esta fermosa animación á que lle pon música Uxía.

sábado, 22 de febrero de 2020

ENTROIDO NO CEIP O SELLO


O venres, 21 de febreiro, toda a comunidade educativa do noso centro celebrou o Entroido.
Baixo unha mesma temática, os inventos, cada unha das clases elaborou o seu disfraz orixinal. Houbo reloxos, tripulación de submarinos, Radio-cassettes, robots, bombillas e mesmo algún que outro científico tolo!!!
Nun primeiro momento, tod@s xunt@s pasearon polo patio do cole para lucir os seus talentosos disfraces. Despois realizaron, a modo de comparsa, un "pasacalles" ata o mercado. A mestra de música se encargou de poñer o ritmo ao son da batucada!!!
En breve subiremos máis fotos !!!
Por certo, lembrade que volvemos ao centro o próximo xoves 27 de febreiro!

viernes, 21 de febrero de 2020

VISITA AO VERBUM: DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA


O día 11-2-2020 as/os nenas/os de 5º e 6º foron ao museo Verbum que tiña unha exposición sobre a muller e a nena na ciencia. Aunque sexan menos recoñecidas cos homes, sen elas non teríamos moitas cousas. Son, por exemplo, Valentina Thereskova (a primeira muller en ir ao espacio), Marie Curie (a única persoa en en obter dous premios novel e descubriu o radio e o plutonio) ou Margarita salas (estudiou o ADN e fixo moitas publicacións e descubrementos). Había dúas rutas, en cada una cinco obradoiros así que, dez obradoiros en total. Cada un estaba  adicado a unha científica recoñecida mundialmente. E, incluso, ao principio, fixemos un Kahoot! No que o Sello quedou de 2º, 3º, 4º... Resumindo, foi unha saída moi divertida!

miércoles, 19 de febrero de 2020

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO IES RICARDO MELLA


O alumnado de 6º de Ed. Primaria realizou, como de costume, a visita ao instituto adscrito da nosa zona. Nesta ocasión coincidimos con outros tres centros de Educación Primaria (CEIP Fonte Oscura, CEIP Mosteiro-Bembrive e CEIP Valle Inclán) nesta primeira toma de contacto no IES Ricardo Mella.
Agradecemos o recibimento e as actividades desenvolvidas nesta visita. Ámbolos dous Departamentos de Orientación (o do noso centro e o do instituto) levan tempo orzanizando esta actividade para que o paso á esta nova etapa educativa se leve a cabo da mellor maneira posible.

VISITANDO A CORUÑA!


O alumnado do noso centro visita a cidade de A Coruña para disfrutar dos seus museos.
Nunha actividade conxunta de todo o colexio, na que puidemos visitar o Acuario Finisterrae e os Museos Domus e Casa das Ciencias, serviu para coñecer un pouco máis a ciencia experimentandoa de primeira man.
O museo Domus gustounos moitísimo e nel puidemos tocar e probar un sinfín de experimentos. Despois tamén houbo tempo de facer unha pequena parada para comer cos compis.
A continuación visitamos o Aquarium, lugar fermosísimo para relaxarnos e seguir aprendendo coas especies das nosas rías. Saber máis sobre os escurridizos polbos, coñecer algún que outro peixe novo ou acercarnos ao seu gran tiburón Gastón.
Para rematar marchamos á Casa das Ciencias. Alí vimos como nacían os pitos, xogamos cos columpios (que ademais descubrimos que eran péndulos) e experimentamos co magnetismo ou co vento!!!
Unha saída moooi intensa pero moooooooooooooi interesante!!!

martes, 18 de febrero de 2020

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


LEMBRADE QUE PARA O PRÓXIMO CURSO TEREMOS AULA MADRUGA!!!
E CONTINUAREMOS CO COMEDOR E CO TRANSPORTE ESCOLAR (DÚAS LIÑAS!!)

SAÍDA AO TEATRO: NANA A UN SOLDADO


O pasado venres, día 14 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º levou a cabo unha actividade complementaria no Teatro A Fundación de Vigo. Nesta ocasión estivemos vendo unha obra de teatro titulada "Nana a un soldado".

lunes, 17 de febrero de 2020

NOVAS LONAS PARA OS ESCORNABOTS / BLUEBOTS


Xa están na biblioteca as novas lonas encargadas por Libroreta para que poidamos xogar cos nosos amiguiños. Nesta ocasión diseñamos varias propostas para os nenos de Educación Infantil e para os rapaces do primeiro ciclo de Educación Primaria.
O equipo de mestres de biblioteca continúa pensando noitras propostas para facer novos retos.

DÍA DE SAN VALENTÍN DENDE A BIBLIO


Para conmemorar o Día de San Valentín, Libroreta organizou unha actividade moi sinxela pero moi divertida. Por que non enviar unha nota ou carta de amizade/amor a alguén do cole?
As respostas foron do máis variado e simpáticas: rapazada do mesmo curso, a outros cursos, mestres e mestras que tamén participaron, houbo notas a irmáns e curmáns... Todo valía con tal de amosar o noso amor cara os demais.
Teremos que pensar en repetila nun futuro...

viernes, 14 de febrero de 2020

PROGRAMANDO CON MBLOCK OS NOSOS MBOTS!!!


Despois de ter un trimestre moi produtivo na materia de Robótica no que puidemos aprender a programar utilizando SCRATCH, chega o momento de comezar a programar os nosos pequenos MBOTS. Nesta ocasión toca utilizar unha nova ferramenta, MBLOCK, para facer os nosos proxectos.
Sirenas de policía, pelexas de sumo, medidores de distancias ou áreas... serán os retos aos que teremos que darlle saída!!!

jueves, 13 de febrero de 2020

GOSTAS DO NOSO INVERNASELLO?

Durantes estes meses foron moitas as actividades que se desenvolveron no INVERNASELLO, o noso HORTO ESCOLAR organizado por Jose , o noso conserxe, e a mestra Marina (Ed. Infantil)

As rapazas e os rapaces desfrutan moitísimo do noso horto escolar e gozan do espazo natural respirando aire puro e pisando a herba que os ve crecer. Estando en contacto coa natureza, o alumnado planta, rega e ve crecer as súas propias hortalizas e froitas e traballan en equipo con moito mimo.


O alumnado de 6º posa coa recollida das súas verduras.

Joaquín (2º EP) axuda a Héctor (Ed. infantil) a coidar das plantas.
O alumnado de 4º EP planta fresas coa axuda de Jose.
As rapazas e os nenos de educación infantil regan as súas plantacións

COÑECES...GALILEO??

Se queres curiosear sobre tódalas novidades e actividades que facemos no colexio, ollea e disfruta da nosa REVISTA GALILEO. Acaba de saír do forno a edición número 3 onde poderás navegar polo centro a través das...

Lecturas ao sol, as celebracións, o noso invernasello, traballos feitos polo alumnado, as practicas na radio, entrevistas, pasatempos e recomendacións lectoras así como un sinfín de FOTOGRAFÍA.


miércoles, 12 de febrero de 2020

ESCOLA DE PAIS - FUNDACIÓN AMIGÓ





O Departamento de Orientación do noso centro organizou, o pasado 11 de febreiro, unha nova sesión de Escola de Pais. Nesta ocasión foron invitadas dúas psicólogas da Fundación Amigó, unha organización que traballa na transformación social e individual das persoas en situacións vulnerables.
Actúan especialmente coa infancia, coa xuventude e coas súas familias cando xorden dificultades de convivencia.
Nesta sesión, moi amena e práctica, puidemos reflexionar na nosa de actuar como educadores (familias e profesorado) e aprender novos recursos de utilidade para poñer en práctica no día a día cos nosos pequenos.

ESTACIÓN METEOESCOLA




O alumnado do noso centro participa no programa "Proxecta: Meteoescola". Levamos dende principios de xaneiro rexistrando datos relacionados coa meteoroloxía da nosa contorna grazas a METEOGALICIA que nos cedeu unha estación meteorolóxica.
En breve tocará traballar con todos eses datos para crear as nosas gráficas e para facer comparacións cos datos recollidos noutras estacións próximas.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


martes, 11 de febrero de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA NA CIENCIA 2020








Con motivo da celebración do Día Internacional da nena na ciencia, o Concello de Vigo organizou unha sesión divulgativa no museo Verbum. O alumnado de 5º e 6º do noso centro tivo a grandísima sorte de participar nos obradoiros realizados na sesión do pasado 11 de febreiro.
Despois dun arranque trepidante cun concurso de preguntas a través do KAHOOT, puidemos participar en varios obradoiros con experimentos realizados, no pasado, por grandes científicas.
Foi unha oportunidade incríble de vivir a ciencia de primeira man.

domingo, 9 de febrero de 2020

NOVOS PROGRAMAS DE RADIO



Xa están aquí as novas entregas da radio ONDA SELLO!!!
Grazas ao préstamo realizado polo CFR de Vigo, durante este mes poderemos disfrutar da radio escolar. O alumnado de 6º xa está mans á obra para sorprendernos con novos podcast sobre o Día da Paz ou sobre personalidades importantes coma Rosalía de Castro.

viernes, 7 de febrero de 2020

VOLUNTARIADO NA BIBLIO



Alumnado de 5º e de 6º continúan co seu voluntariado na biblio durante as sesións de recreo. Organizados por quendas, axudan na colocación de libros, reparación de material deteriorado, elaboración de cartelería, préstamo de libros... e todas aquelas tarefas nas que poidan botar unha man.
MOITAS GRAZAS CHIC@S!!! SODES XENIAIS!!

XOGAMOS TODOS E TODAS XUNT@S. DIVERPATIOS

Onte comezamos a xogar co baúl máxico diverpatios onde desfrutamos todos e todas xunt@s en amizade e familia cos xogos cos que nos sorprendeu esta misteriosa caja: octoplay, tres en raya con tapones, la oca, mikado, combas y chicle, dianas...






QUE ACONTECERÁ O VINDEIRO MÉRCORES? SERÁN OS MESMOS XOGOS OU O BAÚL MÁXICO SORPRENDERANOS?

jueves, 6 de febrero de 2020

PODEMOS SER MELLORES


Prestade moita atención a esta nova produción dos nosos compañeiros e compañeiras de 6ºEP.
Fixeron este vídeo como un reto. Por que non facer o noso anuncio para fomentar un bo ambiente no centro??
Aquí está o resultado. Desexamos que vos guste ...

NOVA FORMACIÓN AO PROFESORADO NA BIBLIO DO COLE




Nova sesión de formación para o profesorado levada a cabo na biblio do cole. Continuamos inmersos na robótica, aprendendo novas estratexias para traballar co noso alumnado.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

miércoles, 5 de febrero de 2020

CREACIÓN DUN VÍDEO CON MOITA PAZ


O grupo de sexto acordou dar un paso máis alá no Día da Paz e Non Violencia. Por que non crear o noso propio vídeo fomentando a "paz" no noso centro??
Despois de pensar e pensar... chegaron á conclusión de que PODEMOS SER MELLORES!!!
En breve teredes neste blog, en primicia, o resultado final. Mentres tanto quédanos esta foto dunha das secuencias grabadas na nosa biblio!
Parabéns rapaces, aquí hai moito potencial.

LECTURAS AO SOL





Exitazo desta nova edición de "LECTURAS AO SOL". Como vén sendo habitual, e cando o tempo axuda, a biblioteca do centro organiza estas sesións de lectura ao aire libre.
Lecuras libres, lecturas dirixidas, lecturas individuais ou colectivas, de libros ou prensa, de cómics ou revistas... Toda lectura é válida para disfrutar lendo!!!
En breve MÁIS E MELLOR!!!

ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 5º EP





Os nosos compis de 5º tamén están moi conectados á robótica. Despois dunhas pequenas explicacións superaron varios retos empregando os robots LEGO WeDo.
Parabéns rapazas e rapaces. Moi bo traballo!!!

martes, 4 de febrero de 2020

RADIO ESCOLAR


Durante o mes de febreiro, e grazas ao CFR de Vigo, o noso centro contará cun novo espazo: a radio escolar.
O equipo de biblioteca realizou as xestións necesarias para poder contar neste tempo con este poderoso recurso.
En breve subiremos a este blogue as creacións que fagamos!!!
Queremos agradecer a Manu e a Isabel Nuevo  (Asesores do CFR de Vigo)  todo o seu tempo e apoio para facer que esta idea se fixera realidade. MOITAS GRAZAS!!!

lunes, 3 de febrero de 2020

CHARLA SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO


O pasado venres, día 31 de xaneiro, o grupo de 6º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de asistir a un novo obradoiro organizado polo Departamento de Orientación do centro e desenvolvido por persoal do Concello de Vigo.
Nesta ocasión, Elsa, repasou varios conceptos traballados en cursos pasado para afondar na temática de Violencia de Xénero.
Foi unha sesión moi interesante para reflexionar sobre situacións reais que vivimos no día a día.
En breve teremos novos obradoiros englobados nesta liña de educación emocional.

AVANZAMOS NA ROBÓTICA...

Seguimos avanzando e as rapazas e os rapaces de cuarto coa materia de libre configuración: introdución a robótica e pensamento computacional, xa fan funcionar os MBOT







                                                             LEGO






SCORNABOT