lunes, 31 de enero de 2022

A PAZ NO SELLO E OS NOVOS MEDIADORES

Polo día da PAZ, tivemos a presentación dos novos mediadores do cole (que será o alumnado de 5°de educación primaria). 



Tamén fixemos entrega dos nosos premios Nobel da paz cos diplomas que recoñeceron as boas prácticas, o compañerismo entre o alumnado.


  

Por outra banda, o alumnado de infantil e de primaria, investigou sobre personaxes recoñecidas que traballaron na procura da paz.




Gozamos dun fermoso día con xogos cooperativos e de traballo en equipo.

 




"A paz comeza cun sorriso" María Teresa de Calcuta


sábado, 29 de enero de 2022

En xaneiro: radio e xogos de mesa

 Á volta das vacacións de Nadal, o 11 de Xaneiro,  tivemos unha sorpresa moi especial para o noso alumnado: unha formación con PONTE NAS ONDAS! Aprendimos sobre locución, expresión oral, a traballar co programa Audacity e gravamos o noso propio podcast!

Deixamos unhas fotos dese día...






Pero iso non foron todas as novidades deste mes! O 28 de xaneiro recibimos a visita de dous expertos en XOGOS DE MESA. Fixemos un obradoiro de xogos co que aprendimos, gozamos e desenvolvimos habilidades e destrezas como o inxenio, a visión espacial, o traballo en equipo...