domingo, 2 de julio de 2017

SARDOMELA 20

No ano 1998 fundouse a nosa revista "Sardomela" e como resultado do esforzo de moitos mestres e mestras que pasaron por este centro educativo, mantendo a súa tirada ano tras ano,  neste 2017 chegou a "Sardolema 20". Recentemente tivemos a dicha de recibir a visita do seu fundador, o entonces director Gerardo Quintas, quen nos contou algúns datos curiosos como que "Sardolmela é a rúa do colexio pero tamén é un peixe"
O EDLG recompilou os vinte exemplares desta editorial e foi no Culturgal onde todos puidemos votar a vista atrás e comprobar a evolución que esta xove, pero xa vella amiga, foi sufrindo ao longo dos cursos.
FELICIDADES SARDOMELA E A POR OUTROS 20 POLO MENOS!!!

II CULTURGAL NO SELLO

Por segundo curso consecutivo o EDLG, en colaboración co claustro de mestres e das familias, puxo en marcha o II CULTURGAL celebrado no noso centro escolar. Como resumo a un curso cargado de moito traballo, e polo tanto de moitos aprendizaxes, expuxéronse algunhas das actividades relacionadas co noso proxecto anual "UNHA ANDAINA POR EXPAÑA" que tiveron lugar ao longo de todo o ano. Durante catro días a nosa exposición estivo aberta a toda a comunidade escolar convidando ás familias a gozar dela. O venres 23 clausuramos o noso particular CULTURGAL cunha degustación con produtos típicos de cada unha das Comunidades Autónomas traballadas e xunto ás familias gozamos dunha gran festa.