sábado, 31 de octubre de 2020

A FESTA DO SAMAÍN

 QUE BEN O PASAMOS NA FESTA DO SAMAÍN!!!


Agardando con ilusión á festa, estivemos tódala semana cos preparativos...

  • Escribimos e debuxamos os nosos medos para que o "Horripilus" os comera para sempre!!!
  • Debuxamos e pintamos o mural de samaín entre tod@s, na aula Galileo.
  • Convertémonos en escritor@s de historias de medo e fantásticas narracións e debuxos cheos de imaxinación.
  • Vexo, penso e...imaxino: decoración do colexio con figuras de samaín.
  • Exposición de libros e historias de samaín.
  • Nas clases de música preparamos ó baile "Tumbas por aquí, tumbas por allá" que bailamos e desfrutamos na festa terrorífica...
  • Tamén atopamos a BRUXA PIRUXA estampada na parede, Tivo unha viaxe moi accidentada seica.
AQUÍ VOS DEIXO UNHA PRESENTACIÓN DA NOSA SEMANA DE TRABALLO E DIVERSIÓN DO SAMAAAAAAAAÍN!!





domingo, 25 de octubre de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Como estades amiguiñ@s???


Estou moi contenta porque o pasado 24 de outubro celebrábase o día das bibliotecas escolares 


                      

e para conmemorar tal día pasaron polo meu RECUNCHIÑO tódalas clases de infantil a sexto de primaria para CREAR, EXPERIMENTAR E DESEÑAR unhas MÁSCARAS LITERARIAS ben bonitiñas e ARTÍSTICAS...


Mirade que murais tan chulos expuxemos nos taboleiros da biblioteca...













jueves, 22 de octubre de 2020

LIBRORETA VOLVE DAS SÚAS VACACIÓNS!!!!!

¡¡¡NOVO RETO!!!

Ola a tod@s!!! Qué ilusión poder escribirvos de novo, xa estaba cansa de tantas vacacións e precisaba da vosa compañía. Fai uns meses que vos vexo polo cole e tiña ganas de facer actividades con vós...


Chegou o outono, unha das miñas estacións preferidas. É a vosa tamén??

Hoxe enviei ás clases unha notiña cunha actividade para facer en familia e así celebrar a estación da caída das follas, dos magostos máis saborosos, das castañas asadas, do samaín máis arrepiante ji, ji...


Botádelle imaxinación e creatividade á decoración das follas da nosa contorna: do acivro, da figueira, do carballo...