viernes, 27 de octubre de 2017



PRESENTACIÓN DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR DO CENTRO
"ARTE LOCAL, PENSAMENTO GLOBAL"

    Como presentación do proxecto interdisciplinar do centro, fixemos unha xuntanza na biblioteca con todo o alumnado, onde se emitiu o seguinte vídeo.








24 de outubro día das bibliotecas escolares

 


O día 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares coa reapertura da biblioteca do centro. E para esta data, libroreta preparounos un agasallo para todos os usuarios: unha linda chapa coa imaxe da nosa mascota. Presentouse o novo proxecto deste curso chamado "Arte local, pensamento global".  Cada nivel profundizará sobre as distintas artes da nosa cidade que se traballarán ao longo deste curso.

domingo, 22 de octubre de 2017

DESPEGAMOS CON LIBRORETA
















Ola a todos de novo! Que tal as vacacións?

O curso pasado fixemos unha boa viaxe polos diferentes camiños a Santiago, estivemos por Madrid, Euskadi, Andalucía...moi cansas teño as miñas ás, pero que ben o pasei e agardo que vos tamén.
Este curso as pegadas serán igual de interesantes pero máis miudiñas.

Dando unha volta pola nosa cidade dinme conta que existen lugares que descoñezo. Axudádesme a descubrilos? Poderemos ser uns bos investigadores estudando monumentos, edificios, música, libros, pinturas, oficios... e todos aquí, en Vigo!

Así que se estades interesados agárdovos na biblioteca do cole o 24 de outubro, alí contareivos máis novidades.