viernes, 29 de enero de 2016

DON SARDOMELO DI....

Esta semana previa a celebración do Entroido, coma sempre o noso meco "Don Sardomelo", moi acorde co Proxecto Anual do cole, caracterizado co traxe tradicional galego, danos as consignas para ir animando a festa. 
Este ano as ordes de Don Sardomelo faranas os nenos e nenas do cole:
- O luns: Educación Infantil.
- O martes: 1º e 2º de Primaria.
- O mércores: 3º e 4º de Primaria, e xa para rematar...
- O xoves: os maiores do cole, 5º e 6º de Primaria.
Así que xa sabedes, todo o mundo moi atento ao que di Don Sardomelo. E lembrade que as ordes son acumulativas!!
E para comezar o luns aí vai a primeira orde dos mais cativos:

                   " Como no entroido estás....
                  un zapato de cada cor traerás"




DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Comezamos a celebración do Día da Paz cun manifesto que os alumnos/as de 6º E.P. elaboraron relacionado co proxecto anual do cole e sen esquecerse de mencionar o actual  conflito da Guerra de Siria. Ademais gozamos da música en directo coa danza africana “Zimbolé” e a canción “Só lle pido a Deus” acompañados polo especialista de E. Musical coa guitarra. E, xa para rematar, cantamos e interpretamos a canción "Tú enemigo" de Pablo López e Juanes. Durante toda a semana da Paz os alumnos/as maiores foron os encargados/as de ensinarlle ao resto do alumnado do centro a coreografía. 
O punto final a esta conmemoración, púxose co mural que compuxemos entre todos/as coas nosas mans coas bandeiras dos 5 continentes formando a palabra PAZ.

martes, 26 de enero de 2016

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Este ano o  noso Cole decidiu participar no Proxecto de Bibliotecas Solidarias, convocado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Nós participaremos na modalidade A "Colaboración coa Biblioteca Escolar " e na modalidade B " Lecturas compartidas dentro do centro".
Para elo precisamos a colaboración voluntaria dos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, e para a nosa sorpresa presentáronse unha morea de candidatos. 
Aceptando de bo gusto tanto interese, todos eles foron admitidos neste proxecto. 
Así que pronto poderedes velos pola Biblioteca desenvolvendo actividades e tarefas, que sen dúbida mellorarán o funcionamento do noso Recuncho.
Os nosos equipos de voluntarios quedaron organizados da seguinte forma:  



Noa, Kemily e Sergio 


Lorena, Sara e Lucas


Rocío, Natalia e Diego

Irene, Ainhoa e Iker.


Yaiza e Miguel.


Jessica,Yago e Laura


Pablo, Unai, Mohamed e Paula

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e interese. 

sábado, 23 de enero de 2016

CRAZY POLOS BOOKS

 Este é o nome escollido polos membros do clube da lectura para titular o noso clube. Sen dúbida reflexa o importante que é para eles ser participes na biblioteca e na lectura.

 

CRAZY  POLOS BOOKS




 Nesta 2ª sesión do clube da lectura ademais de continuar coas lecturas en voz alta, dividímonos en varios grupos. Un grupo encárgase da procura de información sobre Xavier Estévez, o autor da obra que estamos a traballar.




E outros grupos iniciáronse  na creación de  diferentes portadas para o libro, onde expresen a mensaxe que lles trasmite o tema.




Sempre se nos fai moi curta a sesión!!!!! Estamos desexando  que chegue o próximo venres.

miércoles, 20 de enero de 2016

A QUE NON SABÍAS?

Os nenos de infantil embárcanse nun novo proxecto trimestral. Estes meses van a investigar no tema "Somos Galegos".  
Por iso os maiores do cole, concretamente os alumnos de 5º de Primaria, expertos xa no tema, ofrecéronlle unha clase maxistral sobre os castrexos e os castros na biblioteca do cole. 
Os pequenos atenderon coma nunca e aprenderon xa unha morea de cousas.
Bo traballo, rapaces!!! 





domingo, 17 de enero de 2016

INICIAMOS O CLUBE DE LECTURA

Este vernes 15 de xaneiro comezamos unha nova andaina, co inicio do noso clube de lectura para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. 


O libro do que gozaremos este trimestre titúlase  " O corazón da maxia " un libro cheo de emocións e  tamén de aventuras que fará as delicias de todos os  alumnos que   participen, así como das súas familias.