jueves, 28 de febrero de 2019

DÍA DOS NAMORADOS

DÍA DOS NAMORADOS, INCIO DE ANO DE SENTIMENTOS...



   O rincón da biblioteca dos sentimentos foi o punto de partida dunha carreira na que nunca se acada a meta pois o interesante é perderse polas diferentes rutas que se atopan.

   Así descubrimos monstros que non daban só medo, senón moitas emocións mais, constelacións de sentimentos...
   Libroreta creou este rincón de sentimentos pero quita do teu rincón personal as túas emocións para que as desfrutes!


viernes, 1 de febrero de 2019

día da paz


Día da paz e concesión de  Premio Nobel da Paz no Sello



 Para conmemorar este día os nenos e nenas de sexto puxéronse a investigar sobre este día e a súa importancia. Elaboraron e leron un manifesto para, sen berrar, pedir una reflexión e un cambio na solución dos conflitos.

Todos os nenos do Sello otorgaron un premio nobel da paz por curso. Previamente investigaron o que significa o Premio Nobel da Paz, que personaxes o lograron e que características tería que ter un compañeiro compañeira para ser merecedor do premio. O día da paz entregouse un agasallo aos premiados. Parabéns!!