martes, 17 de marzo de 2020

CONSULTA O NOVO BLOG DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR DENDE CASA!




Seguimos a traballar na elaboración de materiais para que o alumnado poida traballar na casa.

Se premedes na imaxe accederedes ao Blogue onde pouco a pouco iremos subindo o material.

Lembramos que segundo as últimas instrucións recibidas dende a Xunta, o noso centro permanecerá pechado ata nova orde. Para calquera aclaración ou dúbida atenderémosvos no correo electrónico do centro: ceip.osello@edu.xunta.es (poñendo no asunto a quen vai dirixido o correo)

lunes, 16 de marzo de 2020

RETO COLUNTARIO

ONDA SELLO

Na radio escolar ONDASELLO o alumnado segue creando podcast. As nenas e os nenos escriben, redactan, proban, fan de técnic@s de son e de control, de presentador@s, de locutor@s de radio.

O alumnado de cuarto grava un podcast sobre a "viaxe" a África con Wangari Mathaai


viernes, 13 de marzo de 2020

APADRIÑAMENTO LECTOR

Viaxando entre augas literarias:  a emoción de cada palabra e a ilusión no sorriso das pequerrechas e dos pequerrechos de Educación Infantil onde atopan no alumnado maior que el@s un modelo a seguir.


Alumnado de 4º EP padriños e madriñas do alumnado de Educación Infantil


jueves, 12 de marzo de 2020

CREANDO E PROGRAMANDO

As rapazas e os rapaces de cuarto de primaria seguen creando, experimentando, manipulando xunt@s coa ROBÓTICA no espazo maker da nosa biblioteca libroreta. 

Retos con OZOBOTS




miércoles, 11 de marzo de 2020

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER  o pasado 8 de marzo, no centro quixemos facer un pequeno acto conmemorativo de asemblea, reunión, debate e compromiso polo feminismo e pola igualdade efectiva. Expusemos as nosas reflexións no
ESPAZO DE IGUALDADE: "Mulleres que cambiaron o mundo"


martes, 3 de marzo de 2020

VISITANDO O PARLAMENTO DE GALICIA


O alumnado de 5º e 6º do noso centro ten a oportunidade de viaxar ata Santiago para visitar o Partamento e o edificio da Xunta de Galicia.
Desta forma puidemos completar os nosos coñecementos sobre o funcionamento destas importantes institucións.
Moitas grazas a Adriana e a Verónica por facer esta visita tan amena e interesante.

A NOSA PEQUENA APORTACIÓN A ROSALÍA


O alumnado de sexto elaborou este pequeno vídeopoema recollendo a vida e as obras máis importantes desta famosa escritora do século XIX.
Todo o grupo participou con moita ilusión e seriedade para tentar resolver o reto proposto para ese día.
Aquí está o resultado. Desexamos que vos guste.
Por certo, agradecemos ao CFR de Vigo, e ao noso asesor Manu, a colaboración para poder grabar o son grazas ao préstamo da Radio Escolar. MOITAS GRAZAS!!!