jueves, 31 de marzo de 2016

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas mañá, día 1 de Abril. Coma sempre, un lugar cheo de actividades, obradoiros e da maxia dos libros, que non debedes deixar de visitar.

Aquí deixámosvos o programa con todas as actividades establecidas para cada día, para que non vos perdades nada de nada. 

martes, 22 de marzo de 2016

LEDICIA COSTAS

O pasado 18 de marzo visitounos Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, pola súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Os maiores do cole leron esta obra e os compañeiros de 5º de Primaria escolleron "Mortos de Ningures". 
Grazas a esta visita puidemos facerlle un montón de preguntas sobre os personaxes das súas historias e coñecer tamén de onde xorden as súas ideas. 
Pasámolo xenial coa autora e encantounos ter a unha viguesa tan relevante na  literatura infanto-xuvenil no noso centro. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da súa visita.

                           

lunes, 21 de marzo de 2016

CARTA A AINARA POR SAN VALENTÍN

Como lembraredes, por San Valentín, Libroreta convocou o "I concurso de cartas de Amor e Amizade", con dúas categorías: alumnos e  familias.
Xa sabedes que o alumno premiado foi Adrián, de 3º de  Ed. Primaria.
Pero aínda non lle puideramos entregar o agasallo a mamá gañadora, Milagros Pérez, nai de Ainara de 4º de Ed. Infantil. 
Por fin, o pasado día 18 de marzo, puido vir ao cole para lernos a súa fermosísima carta e recibir o merecido premio. 
Dende o Recuncho de Libroreta queremos felicitarte de novo. Moitas grazas pola túa participación, colaboración, e por suposto pola preciosa carta adicada a túa filla.

            

domingo, 20 de marzo de 2016

ENTREVISTA A XAVIER ESTÉVEZ


O xoves 17 de marzo tivemos a gran sorte de gozar da presenza de Xavier Estévez , autor da obra 
" O corazón da maxia" que estamos a traballar no clube da lectura.
Toda unha experiencia poder escoitar a este profesor e escritor do que aprendimos moitísimas cousas e sobre todo unha lección moi importante : ante todo ser feliz.





martes, 15 de marzo de 2016

APRENDENDO NA MÚSICA MÁI - LÚA

Nesta ocasión o alumnado de E. Infantil gozou dunha actividade musical grazas, unha vez máis, ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
A historia da pita amareliña captou a atención dos nosos cativos empregando diferentes instrumentos, monicreques e outros elementos que fixeron que os rapaces  acompañasen as cancións e narracións cun sinxelo e sonoro vocabulario en galego.

 

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo, celebramos a semana da prensa realizando diversas actividades.
Grazas ao proxecto "Faro na Escola" os alumnos de 3º a 6º de Ed. Primaria visitaron o Concello de Vigo para gozar dunha entrevista a diferentes figuras do deporte galego.
Ademais durante esta semana tivemos a nosa disposición,  na biblioteca do cole,  xornais das diferentes provincias galegas, para que pudiésemos ver as semellanzas e diferenzas entre os xornais aos que estamos acostumados e outros novos para nós.
Por último,  ao longo de toda a semana, buscamos nos xornais da nosa provincia, diferentes novas relacionadas coa temática do proxecto anual, para narralas na radio escolar e colgalas nun taboleiro do corredor do cole.

            

lunes, 14 de marzo de 2016

CAMIÑO DA LINGUA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofreceunos o luns día 14 unha actividade dinamizadora do galego dirixida á 3º e 4º de E. Primaria que incluí probas lingüísticas, culturais e xogos diversos onde o vínculo foi a lingua galega.

Un taboleiro simulaba o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes tiveron que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais para acadar o tan prezado “tesouro de Rande”.
E a sesión rematou cun obradoiro onde se comprobou a destreza manual dos participantes cun políptico de Camiño da Lingua onde escribiron a palabra “lingua” en diferentes linguas e linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés, castelán...).


viernes, 11 de marzo de 2016

A ALTA COCIÑA CHEGA AO SELLO

O pasado mércores, 9 de marzo tivemos o pracer de recibir a visita do chef Carlos Rodal, xerente do restaurante vigués "The Othilio Bar".
Os nosos cativos de 1º de Primaria inmersos na súas pescudas na gastronomía galega, puideron entrevistar a este recoñecido cociñeiro, que tivo a ben  responder todas as súas inquedanzas. 
Con el aprendemos unha morea de cousas:  a colocar un servizo de mesa correctamente, como crea e deseña os seus pratos, que produtos galegos emprega neles...
Encantounos a súa visita e todo o que nos contou.
A entrevista completa poderédela ler no noso Faro, que pronto sairá publicado.
De novo, dende aquí, darlle as grazas pola súa colaboración.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da actividade.


                         

jueves, 10 de marzo de 2016

TODO EN ORDE

Os nosos voluntarios están sempre pendentes de que todo esté en orde. Aquí os tedes colocando e organizando os libros nos andeis da biblioteca.



martes, 8 de marzo de 2016

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Nesta ocasión a Concellería de Normalización Lingüística ofreceunos aos alumnos de 5º de E.P. unha trepidante e interesante actividade que consistiu na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e tamén lingüísticos fomentando o uso do galego dun xeito lúdico. As distintas probas transcorreron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.



CINE

O Concello de Vigo organiza tres xornadas de cine gratuitas dirixidas ao público infantil no Verbum. Aquí deixámosvos a oferta por se resulta do voso interese.

viernes, 4 de marzo de 2016

MARCOS CALVEIRO "PALABRAS DE AUGA"

O pasado luns 29 de febreiro visitóunos o escritor Marcos Calveiro, para falarnos da súa obra "Palabras de auga". Grazas ao proxecto no que estamos a participar, Faro na Escola, puidemos gozar da visita deste autor e coñecer un montón de cousas sobre a cultura africana e a terrible situación sufrida pola poboación da zona do Sahel, que inspiraron a súa obra. 
Ademais o alumnado de 5º de Primaria estreamónos como reporteiros facéndolle unha entrevista ao escritor. A entrevista completa incluirémola no noso "Faro" que xa estamos a elaborar.


                        

miércoles, 2 de marzo de 2016

RECITAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar a Rosalía os alumnos e alumnas do cole recitamos entre todos o poema  "Adiós Ríos, Adiós Fontes", da obra "Cantares Gallegos". Ademais escribimos e decoramos a nosa estrofa nun cartel, co que despois confeccionamos un mural que quedou chulísimo.
Escoitade que ben o fixemos!




martes, 1 de marzo de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR

Outra das actividades do noso Proxecto de Bibliotecas Solidarias é o "apadriñamento lector". Cada mércores, os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria repartidos en pequenos equipos, escollen e preparan un conto, representación, títeres... e  baixan as aulas dos mais cativos a contarllo.
Aos pequenos encántalle que sexan os seus compañeiros maiores os que lles conten historias e os maiores gozan ao ver as caras ensimesmadas dos pequenos. 
Así que todos contentos!!!