martes, 22 de marzo de 2022

MULLERES DE CINE

Durante o mes de marzo fíxose unha exposición de libros en torno ao 8M para que desde as titorías se traballara a igualdade de xénero e día da muller.

Os diferentes cursos elaboraron traballos e tarefas sobre as mulleres no cine, que foron expostas polos corredores do centro e que explicaron ao resto do colexio cunha exposición oral. 

 














Ademais, o propio 8 de marzo, decoramos os nosos corredores con caligramas cos nomes das mulleres máis importantes da súa vida. 




Dúas alumnas de 6º de primaria prepararon un manifesto sobre o 8 M que escoitamos todos/as xuntos/as.




Como di a canción “AS TORNAS ALGÚN DÍA TERÁN QUE CAMBIAR”, porque “NON IMOS SEGUIR IGUAL”. “AÍNDA TEMOS QUE LOITAR” homes e mulleres, todos xuntos, para lograr que seamos FORTES, LIBRES, RESISTENTES, INDEPENDENTES E MULLERES.



Feliz día da muller, feliz 8 M!


viernes, 11 de marzo de 2022

Encontro con autores

 O 9 de marzo visitou o noso cole O Hematocrítico autor dos libros Lendas do Recreo ou Vaia Cabuxiño! Libros que leron o alumnado de 1º e 2º e 3º e 4º.




A verdade é que neste cole somos moi fans dos seus contos, Axente Riciños ou Feliz Feroz triunfaron nas aulas. Así que, cando soubemos que viña ao cole, puxémonos mans á obra para preparar a súa visita: lemos a súa biografía, pensamos as preguntas que queríamos facerlle, deseñamos un regalo coa impresora 3D e ata lle preparamos reseñas do conto en formato Tweet.




A visita foi todo un éxito e o alumnado quedou encantado. 




Dende o cole, non nos queda máis que agradecer a O Hematocrítico que se pasase pola nosa biblio para falarnos do seu traballo e pola súa cercanía. Foi un auténtico pracer! Desexando que saian máis cousiñas!!