viernes, 31 de enero de 2020

NOVO ESPAZO MAKER NA BIBLIOTECA




Xa temos operativo o noso novo ESPAZO MAKER na biblioteca de Libroreta!
Grazas á colaboración de Jose, o noso conserxe e ao equipo de biblioteca, recuperamos un moble que servirá de espazo creativo.  Todas as novas adquisicións de robótica e outros materiais maker quedarán ordenados neste novo recuncho.
Xa sabedes... a pensar e a crear sen límites!!! imaxinación ao poder!!!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



A palabra "paz" nunha chea de idiomas. As nosas botellas máxicas da paz con poesía


Co gallo do día escolar da non violencia e da paz, no día de onte celebramos: a unión, a paz, a resolución pacífica dos conflitos, a amizade, a empatía, o sorriso de cada mañá... E para iso, xuntámonos tódolos e tódalas para realizar un acto ben bonito no que no faltaron os abrazos, o cariño e a tenrura.

O alumnado de sexto presentou un manifesto da PAZ o que agradecemos con moitísimos aplausos. Ademais non podía faltar a presentación dos MEDIADORES ESCOLARES do grupo de quinto de primaria para novo curso escolar; estiveron aprendendo durante estes meses pasados coa axuda das nenas e dos nenos de sexto. Explicáronnos que estarán no patio tódolos recreos e serán moi visibles grazas aos chalecos que levan; tentarán de resolver de forma pacífica os conflitos que puideran xurdir.

O alumnado de cuarto de primaria presentou O BAUL DA IGUALDADE o que quixemos chamar DIVERPATIOS E IGUALANDIA. Un baúl cheo de xoguetes e sorpresas moi bonitas que farán dos recreos un lugar especial onde xogar TODOS E TODAS XUNTO/AS compartindo experiencias e anécdotas.


Quixemos celebrar tamén por segundo ano consecutivo a 2ª EDICIÓN DOS PREMIOS NOBEL DA PAZ e os gañadores e as gañadores elexidos en cada grupo-clase polos/as seus compañeiros/as recibiron un pequeno diploma e unos obsequios ben merecidos.


En sexto o gañador foi Lucas; recollían o premio os seus amigos

A continuación outorgamos uns calendarios para fomentar as actividades en familia fora do entorno escolar  e así favorecer a paz nos fogares.

Por último, xuntámonos nun círculo e cantamos, bailamos a canción I've got a peace in my fingers 

miércoles, 29 de enero de 2020

NOVA VISITA AO INVERNADOIRO


Nova visita ao INVERNASELLO para que Jose nos siga ensinando cousas interesantes sobre as plantas e hortalizas. Nesta ocasión, ademais de regar e revisar os nosos cultivos, tamén recollimos acelgas, rúcula e leituga de inverno.
Moitas grazas Jose por ensinarnos tantas curiosidades neste espazo tan especial!

lunes, 27 de enero de 2020

NOVIDADES NA BIBLIOTECA


Aproveitade para visitar o recuncho de Libroreta!!
Xa temos novos libros para todas as idades.
En breve máis...

viernes, 24 de enero de 2020

NOVA SESIÓN DE FORMACIÓN SOBRE A RADIO NA ESCOLA

O recuncho de Libroreta volve a convertirse nun lugar privilexiado para aprender sobre a radio.
Nesta ocasión, o profesorado do centro tivo a grandísima sorte de contar con Javier Prado como relator. Persoa apaisoada por este recurso educativo cunha amplísima experiencia práctica nos centros educativos de Educación Infantil e Educación Primaria.
A sesión tivo dúas partes. Nun primer momento avanzamos nos posibles recursos que podemos utilizar nas nosas sesións de gravación e aportounos grandes ideas á hora de desenvolver actividades utilizando a radio coma soporte.
Na segunda parte da sesión de formación propúxonos un reto moi peculiar para promocionar o noso centro e o entorno onde está ubicado.
En breve contaremos co resultado final...

martes, 21 de enero de 2020

CHARLA NA ESCOLA DE FAMILIAS

Hoxe recordamos a importancia de educar na DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO nas aulas a través da escola de familias. Membr@s da comunidade educativa formamos parte da devandita charla acerca dita diversidade como punto de partida para atender ao noso alumnado, da búsqueda de referentes de diversidade afectivo-sexual, do traballo nas aulas e nos fogares. Pasamos un ratiño agradable na biblioteca do noso colexio.


lunes, 13 de enero de 2020

NOVA ESTACIÓN METEOROLÓXICA


O inicio de ano trae consigo a chegada de novas actividades. Nesta ocasión o equipo de biblioteca tamén participa na posta en marcha do proxecto "METEOESCOLAS" organizado pola Consellería de Educación dentro dos plans proxectas.
Desta forma o noso centro colabora coa institución de METEOGALICIA na recollida de datos coma temperaturas máximas e mínimas, cantidade de auga recollida no noso pluviómetro, a velocidade do vento ou o estado de do tempo atmosférico.
Parabéns rapaces!! A seguir traballando e aprendendo desta forma tan orixinal.

viernes, 10 de enero de 2020

NOVOS AGASALLOS PARA A BIBLIOTECA



MENUDA SORTE!!!
Foi chegar de Nadal e atoparnos na biblioteca con varios regalos... Máis adiante Libroreta comentounos que fixera a carta Papá Noel para que nos trouxera algo bonito e útil.
Nesta ocasión foi o alumnado de 4º e 5º o encargado de abrir os regalos...Ademais de sorprendernos cun novo microscopio e cunha lupa binocular, tamén chegaron á biblio novos xogos de mesa!!!
MOITAS GRAZAS LIBRORETA!!!

jueves, 2 de enero de 2020