sábado, 25 de abril de 2020

TÓMBOLA DO DÍA DO LIBRO


Saúdos nenas e nenos!
Saúdos familias!!!
Se clicades na imaxe accederedes a un documento cunha recopilación fabulosa de libros para poder ler en familia nestes días.
Están clasificados por idades e temáticas. Hai moito onde elixir!!!
Xa sabedes #EULEONACASA

miércoles, 22 de abril de 2020

OUTRA PROPOSTA PARA PASAR O DÍA DO LIBRO


Grazas Natalia



KALANDRAKA TV


Libroreta quérenos recomendar unha páxina moi chula. Todos coñecemos os libros da editorial Kalandraka pero poucos sabiamos da súa páxina "Kalandraka TV".
Nela poderedes atopar narracións, a cargo de persoas moi coñecidas, dos seus contos máis coñecidos!
Clica enriba da imaxe e a divertirse con esta nova experiencia!!

DÍA DO LIBRO 2020




Moitas grazas Rosa

jueves, 16 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

FAGAMOS UN LIBRO: ´´EU QUEDO NA CASA´´

Estamos a vivir unha situación excepcional. Sabemos que ficar na casa cos vosos fillos e fillas está a ser unha tarefa moi complicada pero… E se facemos un libro entre todos/as?
noso libro está en branco e gustaríanos enchelos coas vosas aportacións. O cartel deste ano do Día do Libro fala de FAME DE PALABRAS. O profesorado do centro temos fame das vosas palabras, das vosas mensaxesBotámosvos de menos!




Podedes falar de cómo o levades estes días, ou algunha actividade que fagades en familia, mensaxes de ánimo para as familias, fotos, audios, videos, debuxos, poesías,...todo vai ter cabida no noso libro.

Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. A ver qué se vos ocurre!

Qué mellor maneira de celebrar o mes do libro facendo un libro entre todos/as!

Enviade as vosas aportacións ao email da biblio:


Ánimo familias! Xuntos Conseguirémolo!



AMAR EN CUARENTENA

Saúdos nenas e nenos!!!
Saúdos familias!!

Nesta ocasión acercámosvos un novo libro para que poidades ler, de balde, mentres seguimos na casa!
É un libro fermosísimo que podedes ler en familia!
Recoméndase ler cada día unha páxina e, despois, falar con calma sobre o que nos transmite...
Clicade na imaxe e lembrade: #EULEOENCASA!
Ademais esta editorial tamén nos deixa no seguinte enlace varias propostas de traballo para crear a nosa árbore! Animádesvos?? 
Libroreta mándavos un abrazo moi grande!



EU LEO NA CASA


CONTOS PARA ESTES DÍAS

A Superavoa de Antón de Meu Rei





Sacapenas
de Anthony Brownw. Kalandraka







A Toupiña
de Kalandraka



O Papagaio
Revista 


     
Máis Papagaios:

https://www.flipsnack.com/opapagaio/papagaio3-ano2.html

https://www.flipsnack.com/opapagaio/papagaio4-ano2.html





MOITAS MÁIS IDEAS

http://www.clubpequeslectores.com/2017/02/cuentos-imprescindibles-manualidades.html









As lecturas que nos axudan a pasar mellor estes días!!

Se vos presta, compartide unha foto lendo estes días. Podedes envialas ao mail: orecunchodelibroreta@gmail.com 
Iremos publicando as fotos que nos vaian chegando baixo o título


                #EU LEO NA CASA#




sábado, 11 de abril de 2020

MÁIS E MÁIS CONTOS E LIBROS PARA DESFRUTAR EN FAMILIA

Reunimos unha selección de contos e libros para os máis pequerrechos e pequerrechas da familia ata os maiores (contos de 4 a  +12 anos) para desfrutar imaxinando e voando coas palabras na nosa marabillosa lingua galega.

Pincha nesta imaxe para descubrir o pracer da lectura en galego






jueves, 2 de abril de 2020

CUENTO: ¡QUIERO SALIR!


Se clicades no enlace poderedes ir ao conto de Cova e Nico. Nel poderedes ter unha nova axuda á hora de explicar aos voso pequenos todo o que estamos a vivir. O conto é moi sinxelo e as ilustracións axudan moito á hora de falar coa rapazada!

miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL



O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co  natalicio do escritor danés  Hans  Christian Andersen. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e novos e facer diso, un hábito de vida.

Quen foi  Hans  Christian Andersen? 


Hans  Christian Andersen, foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o  Patito Feo,  Pulgarcita, o Soldado de Chumbo ou a  Sirenita e que tamén foron levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, a cal se coñece nos cinco  continentes, ademais, os seus libros foron traducidos a máis de oitenta idiomas.
·                      CONTOS CONTADOS (Kalandraka) 
·                     10 libros infantis para fomentar a lectura  
·                     VÍDEOS EN YOUTUBE DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN 


Para conmemorar este día propoñémosvos unha actividade sobre un fermoso conto titulado: "Yo mataré monstruos por ti" de Santi Balmes. ANÍMATE!!!



Podedes ler o CONTO clicando AQUÍ
Tamén podedes ver un VÍDEOCONTO clicando AQUÍ 
Para facer as ACTIVIDADES pincha AQUÍ



RECOPILACIÓN DE CUENTOS PARA TODAS Y TODOS

Soñando en paleta de colores, imaginando un lugar nuevo, descubriendo personajes con la MAGIA de la LECTURA y el placer de viajar con los libros.

¡¡¡¡ Qué no pare la lectura!!! Libroreta ha recopilado cuentos muy bonitos para tod@s vosotr@s para disfrutar leyendo en familia esta cuarentena :)



Click en la imagen para descubrirlos todos