viernes, 20 de diciembre de 2019

PHOTOCALL DE NADAL!




Libroreta, a nosa mascota da biblioteca, proúxonos unha actividade diferente para celebrar neste Nadal. Cun pouco de imaxinación e moito humor TODA a comunidade educativa do CEIP O Sello púxose diante dunha cámara cunha finalidade moi especial... Felicitar as festas.

Dende o Equipo de Biblioteca queremos felicitar a nais, pais, nenos, nenas, profes, persoal de servizos, seguidores...
Moi Bo Nadal e Próspero Ano 2020!!!

jueves, 19 de diciembre de 2019

LIBRORETA E GALILEO PROMOVEN A AXUDA SOLIDARIA


A biblio do cole tamén aporta o seu "gran de area" participando na proposta solidaria do banco de alimentos. Durante o mes de decembro, o noso centro participou na recollida de alimentos para esta organización. MOITÍSIMAS GRAZAS por cada unha das aportacións das nosas familias.

Onte o alumnado de 5º e de 6º de Ed. Primaria axudou aos voluntarios do Banco de Alimentos a cargar todas as bolsas na furgoneta. O encargado agradeceunos a nosa participación e charlou con nós explicándonos como funciona esta singular ONG.

sábado, 14 de diciembre de 2019

SESIÓN "GAMER" NA BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO



Onte o recuncho de Libroreta serviu para que o alumnado de sexto mostrara ao resto de compañeiros as súas creacións feitas na materia de "Programación e Robótica" durante a primeira avaliación.
Aproveitando o programa Scratch, desenvolveron varios videoxogos sobre diferentes temáticas: "o rato cometacos", "Rebotitos", "A bola sabidicha" ou "Ataque alieníxena" foron os títulos elixidos polo alumnado para por en práctica os seus coñecementos de programación.
Seguro que a aceptación do resto dos nenos servirá coma enerxía para desenvolver novos proxectos. En breve máis e mellor!!!

jueves, 12 de diciembre de 2019

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS


O bardo de Abelardo...
O pasado luns, 9 de decembro, o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria tivo a grandísima sorte de participar nun contacontos moi divertido.
Contos cantados por Servando... o "home que polos colexios vai animando" falounos por esta época do Apalpador e Coureliña. Personaxes propias da cultura galega.

NOVA ENTREGA DO PERIÓDICO GALILEO


Xa temos nas aulas  unha nova entrega do periódico do cole!!!
Prestade atención porque nesta ocasión, o periódico Galileo, vén cheo de moitas novas interesantes sobre o invernasello, excursións, a  invasión dos robots, recomendacións de libros...
Non vos perdades os pasatempos e as felicitacións!!!
En breve máis e mellor!!!

lunes, 9 de diciembre de 2019

PRÁCTICAS DE RADIO NO RECUNCHO DE LIBRORETA


O venres, 29 de novembro, todo o alumnado do noso centro participou nunha sesión maratoniana de radionabiblio. Agradecemos ao CFR de Vigo, e ao noso coordinador (Manuel), que nos deixara en préstamo todo o equipo técncico para facer os nosos primeiros "pinitos" no fermoso mundo da radio.

Alumnado de 4º grabando o seu programa

Alumnado de 3º na súa sesión de grabación na biblioteca.

jueves, 5 de diciembre de 2019

XORNADA DE FORMACIÓN NA BIBLIO DO COLE


O pasado mércores o preofesorado do noso centro estivo reunida na biblio do cole recibindo formación sobre a radio.
No mes de novembro creouse, dentro do PFPP, unha liña de formación sobre as posibilidades didácticas da radio.
Tivemos a sorte de contar nesta ocasión con Javier Prado.
Moitísimas grazas a el a todo o equipo do CFR de Vigo por organizar estas sesións de formación.
Xa estamos desexando que chegue o mes de xaneiro para continuar aprendendo máis cousas interesantes.

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado día 3 de decembro, celebramos na nosa biblioteca o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Achegámonos todos a biblioteca para facer o visionado do corto inlcusivo "Los peces no se mojan" feito por rapaces e rapazas con Síndrome de Down. Puidemos desfrutar do vídeo conto así como do "make off".


 Fixemos unha reflexión posterior con debuxos reflectindo cousiñas do que puidemos ver no corto animado.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

INVASIÓN ROBÓTICA


Libroreta informa!!!

Xa chegou ao cole o novo material de robótica que nos facilitou a Consellería de Educación por participar no Programa de Innovación Educativa.
En breve xa estarán rodando polas aulas e pola biblioteca os novos amiguiños!

martes, 3 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Todo o alumnado do centro quixo participar nesta actividade!!
Que libro lle recomendarías a un compañeiro?
Houbo grandes títulos. Seguro que Libroreta estará atenta á hora de procurar novos libros para a nosa biblioteca. Moitas grazas pola vosa colaboración!

lunes, 2 de diciembre de 2019

NOVAS TABLETS PARA USAR NA BIBLIOTECA


Ultimamente Libroreta non para. Agora estivo buscando axuda para conseguir máis material informático que poida utilizar os nenos e nenas na biblioteca. Xa están operativas as tablets con novas APPS moi divertidas!