miércoles, 22 de febrero de 2017

DON SARDOMELO DI...

E para rematar as ordes do meco Don Sardomelo, aí vai a de mañá xoves. Non vos esquezades que son acumulativas, así que maña deberedes traer a paxariña, o colar, o gorro e...



martes, 21 de febrero de 2017

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal e como estaba programado, o pasado venres , día 17 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Ademais da decoración da máscara rosaliana por parte de todo o cole e do photocall, foron varias as actividades realizadas neste acto: lectura por parte de dous alumnos da escola, do manifesto en homenaxe a Rosalía, escrito e pola autora viguesa, Ledicia Costas; recitado do poema "Negra Sombra" acompañando dun estupendo "manequin challengue", e para rematar unha xenial interpretación por parte de dous mestres e un alumno do cole deste mesmo poema. 

Mirade que chulo nos quedou todo. 
Sen dúbida, un gran traballo en equipo!!!

DON SARDOMELO DI...

A nova orde de Don Sardomelo para mañá mércores é...



lunes, 20 de febrero de 2017

PHOTOCALL DE ROSALÍA DE CASTRO

Durante a pasada semana foron moitos os familiares que se animaron a pasar polo "photocall rosaliano" para retratarse xunto aos seus fillos, netos, irmáns... acompañados dun poema da poetisa homenaxeada. 
Todo o alumnado, o profesorado e tamén o persoal non docente da escola, preparou a súa máscara de Rosalía, escribiu e aprendeu o poema "Negra Sombra". Unha vez caracterizados coma a ilustre poetisa, todos posamos no photocall. 
Dende o EDLG queremos darvos as grazas pola vosa colaboración nesta actividade.
A ver si vos atopades...

DON SARDOMELO DI...

Este luns a nova orde do noso meco, Don Sardomelo é...



domingo, 19 de febrero de 2017

DON SARDOMELO DI....

Comezou a semana do Entroido, e como xa ben sendo habitual, o noso meco, "DON SARDOMELO", este ano caracterizado de Peregrino Santiagués, quere que nos vaiamos preparando para a gran festa do venres. Así que todos moi atentos a primeira orde porque este luns, 20 de febreiro, todos debemos vir ataviados con... 
"Se en Andalucía levan peineta, aquí no Sello Don Sardomelo di, que o luns traias unha paxariña coqueta"

miércoles, 15 de febrero de 2017

RAPEANDO A ROSALÍA


Este venres celebramos anticipadamente o Día de Rosalía de Castro, xa que o propio día, 24 de febreiro, coincide coa celebración do Entroido.
Por iso, ao longo desta semana, o EDLG e o equipo de Biblioteca, organizamos diferentes actividades para homenaxear a nosa autora mais representativa: decoración dunha máscara de Rosalía, escolma das súas obras na biblioteca do cole, photocall para as familias caracterizados coma Rosalía, recitado dalgunha das súas obras e como remate final, un fabuloso "Mannequin Challengue", que terá lugar este venres. 
Rosalía sempre foi unha artista adiantada ao seu tempo. Por iso non é de extrañar que un estilo musical tan actual coma o rap non se resista a rapear os seus versos. Aquí vos deixamos un tema que esta semana sona na nosa radio escolar.


"QUEREME EN VERSO"

Os corredores do cole enchéronse de palabras preciosas estes días. Xa están expostos todos os poemas que recibimos para participar no "II concurso de cartas de amor e amizade".
A verdade é que son todos moi bonitos. Foi difícil seleccionar os gañadores, tanto que ao final decidimos premiar tres categorías.
Os premiados son: 
- Categoría Infantil - 2º Primaria: Alicia Miranda Barciela (2º de Ed. Primaria).
- Categoría 3º- 6º Primaria: Noé San Segundo Prol (4º de Ed. Primaria).
- Categoría Familias:María Yolanda Álvarez Rodríguez (nai de Isis de 4º de Educación Infantil).
En breve terán o seu merecido premio!!!


jueves, 9 de febrero de 2017

POEMAS DE SAN VALENTIN

Xa está todo preparado para comezar a recibir os vosos poemas de amor e amizade. Libroreta está desexando ler os preciosos versos que estades compoñendo. Así que xa sabedes, ídeas entregando ao longo desta semana e da que vén aos vosos titores.



lunes, 6 de febrero de 2017

CONCURSO "QUÉREME EN VERSO"

Coa chegada do día de San Valentín, Libroreta volve organizar o "II concurso de cartas de amor e amizade". Este ano cunha pequena variación. Libroreta atópase especialmente poética, por iso este ano as cartas deberán redactarse en verso.
Haberá ao igual que o curso pasado dúas categorías: familias e alumnado. Para mais información aquí vos deixamos as bases do concurso. 
Animádevos a participar!!!