Mostrando entradas con la etiqueta Clube de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Clube de lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de noviembre de 2019

O CLUBE DE LECTURA DO COLE BOTA A RODAR...



Como todos os anos por estas datas, o clube de lectura comeza as súas andaduras. A mestra Mariajo coordinará este grupo de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria durante todos os luns.
Nesta ocasión o libro elixido polo grupo para traballar durante estas sesións será a obra de Xavier Estévez: O corazón da maxia.



Parabéns rapaces!! e moitas grazas Maijo por esta fermosa iniciativa. Seguro que entre tod@s descubriredes novas anécdotas e historias da man de Xavier. 



sábado, 10 de junio de 2017

BO TRABALLO " CRAZY POLOS BOOKS"

Este  luns demos por rematado o Clube de Lectura deste curso . 
Rematamos a investigación sobre a vida e obra de Jacobo Fernández Serrano así como a análise da súa obra " Mil cousas poden pasar I" 
e expuxémolo nos corredores.

Para festexar o ben que traballamos realizamos unha merendola e pasamos un rato divertido.
 GRAZAS a todos os participantes do clube por ser sempre tan bos alumnos e facer que o clube fora toda unha aventura.
Ata sempre!!!





viernes, 9 de junio de 2017

AUDIOCONTO " SABELA NO SELLO"

O alumnado do Clube de Lectura " Crazy polos books" elaborou despois da lectura do conto " Sabela  e as zocas máxicas" unha adaptación deste conto feito por eles , chamado 
" Sabela no Sello".

 

jueves, 25 de mayo de 2017

XINCANA LITERARIA NO IES RICARDO MELLA


O 18 de maio con mor da celebración do día das Letras galegas, e como actividade incluída nas Bibliotecas Escolares Solidarias , levamos a cabo unha actividade conxunta fóra do centro co alumnado e profesorado do IES Ricardo Mella.


Grazas a colaboración de todo o profesorado e o alumnado do instituto, o alumnado do voluntariado lector e membros do Clube de Lectura " Crazy polos books" fomos convidados a participar nesta actividade de convivencia, unha " Xincana Literaria" que sen dúbida non nos deixou indiferentes.
Unha experiencia moi enriquecedora onde aprendemos, disfrutamos e o pasamos fenomenal!!!


lunes, 10 de abril de 2017

" O SEGREDO ENTRE PÁXINAS"

 Os membros do clube de Lectura " Crazy polos books" aínda inmersos na lectura do libro " Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano e apiques de rematalo, levan a cabo a actividade de voluntariado " O segredo entre páxinas".





A través da lectura dalgún capítulo , describindo as personaxes, amosando as ilustracións... recoméndanlle o libro ao alumnado de 3º e 4º, próximos beneficiarios do clube de lectura do ano que ben, para que descubran os misterios e segredos, entre as páxinas desta fermosa e interesante lectura.

martes, 28 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No CEIP O Sello celebramos o Día Mundial da Poesía. Para elo, aproveitamos o estupendo traballo realizado polo alumnado do Voluntariado Lector da Biblioteca e do Club de Lectura. Estes grandes artistas prepararon un fantástico recital de poesía que presentaron por todo o alto nun local preto da escola. Pero non podían deixar de mostrar aos seus compañeiros o ben que o fixeron. Por iso, o venres, 24 de marzo repetiron o recital no cole para goce de todos.
Aquí vos deixamos estes vídeos nos que podedes ver o xenial traballo que realizaron.

                                   

domingo, 26 de marzo de 2017

CENTENARIO GLORIA FUERTES

Co motivo do centenario de Gloria Fuertes, o alumnado do Clube de Lectura " Crazy polos books" realizou un pequeno traballo de investigación sobre esta famosa poetisa e coa procura de información en diversas fontes colaboramos co resto de alumnado de voluntariado lector no I Recital de poesía do barrio. 
Sen dúbida unha experiencia incrible que repetiremos en anos vindeiros.Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo ao longo destes días.

 

viernes, 24 de marzo de 2017

RECITAL DE POESÍA

Tal é como estaba programado, o mércores 22 de marzo, para conmemorar o Día Mundial da Poesía, o alumnado do Voluntariado Lector e do Club de Lectura da escola realizaron o "I Recital de Poesía" do CEIP O Sello. O acto tivo lugar na Cafetería "Nuevo Don Alí", a cal lle volvemos dar as grazas pola súa colaboración na organización deste acto.
Aquí deixámosvos un pequeno vídeo para que os que non puidésedes achegarvos ese día, vexades o gran traballo realizado polo noso alumnado. 
¡¡Noraboa rapazas e rapaces!!

         

lunes, 30 de enero de 2017

"MIL COUSAS PODEN PASAR"

Resultado de imagenResultado de imagen para MIL COUSAS PODEN PASAR INeste novo trimestre comezamos no clube de lectura " Crazy polos books"  ca obra " Mil cousas poden pasar" , premio Merlín de literatura 2009 do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano,un dos protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2017.
 


     CRAZY  POLOS BOOKS



Comezamos con gran ilusión esta nova aventura literaria e con moitas ganas de gozar desta obra.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

COÑECEMOS O COLE CON SABELA


Nestas dúas sesións do clube de lectura, viaxamos con Sabela polo seu barrio e tamén polo seu cole. A procura do tesouro axudounos a facer esta actividade, se cabe, mais motivadora para os cativos de infantil e os membros do clube de lectura o gozamos moitísimo!!!


domingo, 4 de diciembre de 2016

SABELA CHEGOU AOS MAIS PEQUENOS


Os membros do clube de lectura
"Crazy polos books" convertéronse por unha vez en mestres e mestras de infantil. Non só presentaron a personaxe de Sabela os cativos de Infantil senón que lles contaron un dos contos que forman este proxecto. Despois os pequenos tiveron que plasmar nun debuxo a figura de Sabela. Non vos podedes perder o resultado. Gozaron tanto os pequenos como os mais maiores.


domingo, 20 de noviembre de 2016

COMEZAMOS!!!!


Este luns 14 de novembro comezamos o clube de lectura co alumnado de 4º ,5º e 6º.  
O conto de " Sabela e as zocas máxicas" será o canle motivador . Con este conto do Proxecto Terra , o alumnado do clube de lectura convertiranse  en mestres  e despois de ler e traballar o conto serán eles mesmos os que o trasmitirán a todo o alumnado de infantil do noso cole.

Nesta primeira sesión limos as normas do clube para os novos membros, presentamos a historia, limos o conto entre todos e fixemos o personaxe do principal para que sirva de elemento motivador para os mais pequenos.