viernes, 4 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS



Coa posta en marcha da nosa Biblioteca, unha actividade que non pode faltar son as "Mochilas Viaxeiras". Este curso cambian de cor e recén estreadas xa botaron a rodar de casa en casa cargadiñas de libros, historias e novas aventuras. Esperamos que vos guste o material seleccionado por Libroreta e lembrade que podedes facernos todas as suxestións e valoracións que consideredes na libreta que vai dentro de cada mochila.
A ler e soñar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario