domingo, 13 de febrero de 2022
11F
lunes, 31 de enero de 2022
A PAZ NO SELLO E OS NOVOS MEDIADORES
Polo día da PAZ, tivemos a presentación dos novos mediadores do cole (que será o alumnado de 5°de educación primaria).
Tamén fixemos entrega dos nosos premios Nobel da paz cos diplomas que recoñeceron as boas prácticas, o compañerismo entre o alumnado.
Por outra banda, o alumnado de infantil e de primaria, investigou sobre personaxes recoñecidas que traballaron na procura da paz.
Gozamos dun fermoso día con xogos cooperativos e de traballo en equipo.
sábado, 29 de enero de 2022
En xaneiro: radio e xogos de mesa
Á volta das vacacións de Nadal, o 11 de Xaneiro, tivemos unha sorpresa moi especial para o noso alumnado: unha formación con PONTE NAS ONDAS! Aprendimos sobre locución, expresión oral, a traballar co programa Audacity e gravamos o noso propio podcast!
Deixamos unhas fotos dese día...
Pero iso non foron todas as novidades deste mes! O 28 de xaneiro recibimos a visita de dous expertos en XOGOS DE MESA. Fixemos un obradoiro de xogos co que aprendimos, gozamos e desenvolvimos habilidades e destrezas como o inxenio, a visión espacial, o traballo en equipo...
lunes, 20 de diciembre de 2021
SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
viernes, 29 de octubre de 2021
Un Samaín de CINE
Que semana máis movidiña tivemos en SELLOWOOD!!
Libroreta retounos a crear carteis de películas de medo a cambio dunha entrada para unha sesión de cine o día 29.
Despois de moito traballar, e tralo visto bo da nosa taquillera Justina…
ACADAMOS AS ENTRADAS!!! 🎉
lunes, 25 de octubre de 2021
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA-CONTACONTOS DE ALMUDENA JANEIRO- DECORACIÓN DE SELLOWOOD
A conta atrás chegou ao seu fin...
Hoxe, 25 de outubro, o alumnado do CEIP O SELLO foi recibido no centro con música e cunha decoración especial!
Iniciamos novo proxecto, "SELLOWOOD", onde traballaremos o cine de forma transversal. (Recordamos que esta temática do cine foi escollida polo propio alumnado).
Tras moito traballo... Hoxe inauguramos novos espazos!!
Na porta de entrada do colexio, o título deste proxecto, co xogo de palabras Hollywood-Sello = Sellowood.
A nosa nova porta da biblioteca, ou quizáis a partir de agora, deberemos dicir as cortinas de "Multicines Libroreta".jueves, 7 de octubre de 2021
3, 2, 1… ACCIÓN!
Chegou o momento de desvelar cal é o tema do proxecto para este curso 2021-2022!! 🎉🎉🎉
Despois de contar coas opinións e ideas do noso alumnado, Libroreta decidiu que o tema máis votado, e por tanto o elexido, foi…
Se queres sabelo, reproduce o vídeo!! 👏


























