lunes, 25 de octubre de 2021

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA-CONTACONTOS DE ALMUDENA JANEIRO- DECORACIÓN DE SELLOWOOD

 A conta atrás chegou ao seu fin...

Hoxe, 25 de outubro, o alumnado do CEIP O SELLO foi recibido no centro con música e cunha decoración especial!

Iniciamos novo proxecto, "SELLOWOOD", onde traballaremos o cine de forma transversal. (Recordamos que esta temática do cine foi escollida polo propio alumnado). 

Tras moito traballo... Hoxe inauguramos novos espazos!!

Na porta de entrada do colexio, o título deste proxecto, co xogo de palabras Hollywood-Sello = Sellowood. 

A nosa nova porta da biblioteca, ou quizáis a partir de agora, deberemos dicir as cortinas de "Multicines Libroreta". 


Que pensades da nosa taquilla? 


E non podía faltar unha gran alfombra vermella que conecta con Multicines Libroreta.


E os maxi Óscar presidindo a porta de entrada?



Fixádeos ben! Tamén temos unha claqueta enorme enriba da porta! Incluso as cortizas foron decoradas...


Por certo, non podía faltar o recuncho de POP CORN! Por se temos un pouco de fame no cine... 



Pero isto non é todo!
Hoxe celebramos tamén a inauguración da biblioteca, xa que onte foi o días das bibliotecas escolares!
Temos que agradecer dende aquí aos compis de 6º de primaria, que foron os encargados de presentar a biblioteca ao resto de cursos e de facer a entrega das mochilas viaxeiras. 
MOITAS GRAZAS! FOI TODO UN ÉXITO!




 

Por se fora pouco, hoxe recibimos tamén a visita de Almudena Janeiro. Contounos dous contos fermosísimos (Corre, corre Cabaciña e A voda do galo pinto). Ademais, estivemos cantando e bailando as súas cancións! MOITAS GRAZAS ALMU! 
Pasámolo xenial!







Unha aperta moi grande de Libroreta!


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario