lunes, 20 de diciembre de 2021
SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
viernes, 29 de octubre de 2021
Un Samaín de CINE
Que semana máis movidiña tivemos en SELLOWOOD!!
Libroreta retounos a crear carteis de películas de medo a cambio dunha entrada para unha sesión de cine o día 29.
Despois de moito traballar, e tralo visto bo da nosa taquillera Justina…
ACADAMOS AS ENTRADAS!!! 🎉
lunes, 25 de octubre de 2021
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA-CONTACONTOS DE ALMUDENA JANEIRO- DECORACIÓN DE SELLOWOOD
A conta atrás chegou ao seu fin...
Hoxe, 25 de outubro, o alumnado do CEIP O SELLO foi recibido no centro con música e cunha decoración especial!
Iniciamos novo proxecto, "SELLOWOOD", onde traballaremos o cine de forma transversal. (Recordamos que esta temática do cine foi escollida polo propio alumnado).
Tras moito traballo... Hoxe inauguramos novos espazos!!
Na porta de entrada do colexio, o título deste proxecto, co xogo de palabras Hollywood-Sello = Sellowood.
A nosa nova porta da biblioteca, ou quizáis a partir de agora, deberemos dicir as cortinas de "Multicines Libroreta".jueves, 7 de octubre de 2021
3, 2, 1… ACCIÓN!
Chegou o momento de desvelar cal é o tema do proxecto para este curso 2021-2022!! 🎉🎉🎉
Despois de contar coas opinións e ideas do noso alumnado, Libroreta decidiu que o tema máis votado, e por tanto o elexido, foi…
Se queres sabelo, reproduce o vídeo!! 👏
miércoles, 6 de octubre de 2021
Comezamos o curso escolar 2021-2022 estreando pictos!
Ola amigas e amigos!
Este é o pictograma que dende os primeiros días de setembro está situado na entrada da nosa biblioteca, á man dereita.
Desta forma tratamos de loitar por un colexio máis accesíbel a nivel cognitivo e máis inclusivo.
Unha forte aperta!!





























