Coma sempre, nestas datas de Nadal, Libroreta recoméndanos algúns títulos para poder gozar do noso tempo libre acompañados dun bo libro. Aquí vos deixamos esta guía por si queredes facer algún encarguiño a Papá Nöel ou aos Reis Magos.
Nestas dúas sesións do clube de lectura, viaxamos con Sabela polo seu barrio e tamén polo seu cole. A procura do tesouro axudounos a facer esta actividade, se cabe, mais motivadora para os cativos de infantil e os membros do clube de lectura o gozamos moitísimo!!!
Como cada curso, entre o 1 e o 11 de decembro, celebramos a conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Nesta ocasión reunímonos todo o cole no Recuncho de Libroreta e o alumnado de 5º e 6º de EP recordounos a importancia de celebrar esta data. Ademais un representante de cada curso, dende 4º de EI ata 6º de EP, foron os encargados de narrarnos unha presentación (Actividade de Carlos Mariño Pego),na que se reflexaronalgúns dos elementos mais representativos da nosa Comunidade Autónoma: símbolos, escritores, músicos, gastronomía... Rematamos cun xogo baseado en variadas preguntas para comprobar a atención prestada polo público asistente e o broche final o puxo a música de Lumecoa"Saia da Carolina" e como non podía ser de outro xeito, co Himno de Galicia.
Como cada mes de novembro conmemorase o "Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca". Libroreta ofreceu ao noso alumnado diferentes recursos para os que quixeran experimentar. E por suposto que houbo moitos científicos e científicas dispostos a investigar. Sen dúbida os mais intrépidos foron os nosos cativos de Infantil que gozaron realizando diferentes experimentos. Despois contáronllos aos seus compañeiros maiores que quedaron abraiados con todo o que aprenderan.
Aquí vos deixamos un vídeo de todo o traballo realizado polos nosos futuros científicos.
Traballos recompilatorios dos alumnos de EI dos experimentos realizados durante este mes.
Dende 1948 estableceuse o 3 de decembro como o día do País Vasco en defensa da lingua vasca. Co gallo desta conmemoración, os alumnos de 5º de EP decidiron rendir unha homenaxe a esta Comunidade Autónoma dun xeiro diferente, a través da degustación do "PINTXO-POTE", sendo o pintxo a comida e o pote a bebida. Esta costume, xurdiu en Victoria a partir do 2003 para impulsar as ventas e fomentar a socialización, extendéndose posteriormente ao resto de cidades vascas.
Neste caso, os nosos chefs de 5º de EP deleitáronnos cun pincho de paté de mexillón e con auga fresca tendo un gran éxito de consumidores.
Os membros do clube de lectura "Crazy polos books" convertéronse por unha vez en mestres e mestras de infantil. Non só presentaron a personaxe de Sabela os cativos de Infantil senón que lles contaron un dos contos que forman este proxecto. Despois os pequenos tiveron que plasmar nun debuxo a figura de Sabela. Non vos podedes perder o resultado. Gozaron tanto os pequenos como os mais maiores.