miércoles, 19 de octubre de 2016

CARTA DE LIBRORETA

Esta semana topamos nas nosas aulas esta carta de Libroreta. Nela contábanos as súas divertidas vacacións e ademais invitounos ao acto de celebración do Día das Bibliotecas Escolares que terá lugar no seu recuncho o vindeiro 24 de outubro. Aquí vos deixamos a carta para que a poidades ler.

martes, 18 de octubre de 2016

DÍA DA COMUNIDADE VALENCIANA

O pasado 9 de outubro conmemorouse o Día da Comunidade Autónoma de Valencia e os alumnos/as de 6º EP compartiron co resto dos cursos algunhas das principais características desta terra.
Aprendemos a situala xeográficamente e identificamos as súas 3 provincias (Valencia, Castellón e Alacante). Alí falan valenciano e como fai moito caloret os nosos compis agasaiarónnos cuns lucidos abanicos e por iso os turistas visitan as súas praias, as mais famosas en Benidorm. Polo mes de marzo festexan as Fallas nas que queiman os ninots. En canto á comida, falarónnos da paella, a fideuá, as sabrosas laranxas e os deliciosos turróns de Alacante. A súa bebida mais típica é unha horchata ben fresquiña e así todos a unha dixemos:
  FELICITATS VALENCIA!

             

UNHA ANDAINA POR ESPAÑA

Xa empezamos a dar os primeiros pasos da nosa andaina. O primeiro foi elaborar entre todos o mural para a entrada do cole deixando moi claro o que cada grupo vai a investigar. Mirade que chulísimo nos quedou!!!

domingo, 9 de octubre de 2016

PROXECTO ANUAL

Ola amigos:
Este verán fixen o camiño de Santiago, para coñecer moitos dos fermosos lugares da nosa terra, Galicia. No camiño coñecín a xente que viña de todas partes de España, porque.... sabedes? pódese chegar a Santiago seguindo unha das moitas e diferentes rutas que atravesan a xeografía española. 
No camiño fixen moitas e novas amizades, e por iso, ao longo deste curso, decidín investigar sobre todos eses marabillosos lugares. Así poderei aprender moitas cousas sobre as autonomías, provincias e cidades do noso país.
Queredes acompañarme nesta nova aventura, facendo "UNHA ANDAINA POR ESPAÑA"?
Se vos parece ben repartimos o traballo e comezamos!!!
- Ed Infantil: Olé mi arma! (Andalucía)
- 1º Primaria: A nena de A Mancha (Castela a Mancha)
- 2º Primaria: Asturies, que guapina yes! (Asturias)
- 3º Primaria: Por aquí Dalí e Gaudí (Cataluña)
- 4º Primaria: Os chulapóns da capital (Madrid)
- 5º Primaria: Pintxo pote (País Vasco)
- 6º Primaria: Paella, pa´ él e pa´ ela (Valencia)



martes, 20 de septiembre de 2016

PHOTOCALL SELLO 2016

Para comezar o novo curso con ledicia e illusión organizamos unha divertidísima sesión fotográfica. Esperamos que vos guste e con ela queremos darvos a benvida a todos nesta nova andaina que hoxe empezamos.


lunes, 19 de septiembre de 2016

UNIÓN MUSICAL DE CABRAL


De novo este curso veunos visitar a Unión Musical de Cabral para facenos mais ameno o primeiro día de clase. Este ano deleitounos con moitas e coñecidas bandas sonoras cinematográficas.
Coma sempre foi un pracer escoitalos.



sábado, 3 de septiembre de 2016

PASEO LITERARIO POLA RÍA DE VIGO



                                 Xa estamos de volta!!!!
Despois dun estupendo e soleado verán comezamos un novo curso coas pilas cargadas,  cheos de ilusións e con ganas de proporvos moitas e variadas actividades.
Así que aquí vai a primeira:  Un paseo literario pola ría de Vigo. 
No documento adxunto toparedes toda a información necesaria por si fose do voso interese.