viernes, 12 de febrero de 2016

UNHA SEMANA CHEA DE AMOR

San Valentín chegou ao Sello e Libroreta anda namorada. Por ese motivo decidiu organizar o "I Concurso de Cartas de Amor e a Amizade".
Hai dúas categorías: alumnos e familias. 
Soamente tes que escribir a túa carta e depositala no buzón situado na entrada da Biblioteca.
Aquí deixamosche as bases do concurso.
Anímate e participa!!!

                    

lunes, 8 de febrero de 2016

UN ENTROIDO MOI GALEGO

Este ano por fin o bo tempo deixounos gozar da festa do entroido. Todos os nenos, nenas e mestres do cole disfrazámonos de cousas relacionadas co noso Proxecto Anual, "Costumes e Tradicións Galegas", e saímos ben guapos a lucirnos polo noso barrio. Ao chegar de volta ao cole bailamos e recitamos regueifas moi divertidas. Para por o broche a este estupendo día e recuperar forzas, degustamos os doces típicos que trouxemos da casa.

Mirade que guapos estabamos. 
Pasámolo xenial!!!



domingo, 7 de febrero de 2016

OS LUNS AO SOL

Esta actividade xa a realizamos o curso pasado de forma ocasional, e gustounos tanto que este ano decidimos realizala de modo habitual. Así que cada luns, sempre que o tempo o permite, baixamos ao patio na hora de ler, a gozar do bo tempo  e por suposto dun bo libro.
Ademais como os nosos alumnos de 5º e 6º de EP están participando no proxecto de Bibliotecas Solidarias como voluntarios lectores, aproveitan esta ocasión para lerlle contos aos mais cativos do cole.
 

Da gusto velos tan ensimesmados e implicados.




lunes, 1 de febrero de 2016

O MERDEIRO

Hoxe veu visitar o noso cole o personaxe típico do entroido vigués: o Merdeiro.
Pasou por todas as clases mostrándonos como era o seu traxe e falándonos un pouco da súa orixe. Ademais, grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os alumnos de 6º de E.P. tiveron unha charla relacionada con este personaxe.

Vestirse de "Merdeiro" era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. No entroido molestaban á xente restregándolles restos de peixe podre. O motivo de creación desta figura era a xenreira existente entre os mariñeiros e os labregos. 
A vestimenta era a imitación dos escabicheiros (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: o pucho, a camisa branca arremangada, o pantalón de pano, as polainas, as zapatillas brancas ou zocas, o chaleco con símbolos astrais ou animais (o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña…), unha faixa vermella, armado cunha vara e adornado con vexetais, como verduras, cebolas,...

Ao principio, algúns tivemos medo, pero ao final gustounos moito a súa visita e pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas dunha das nosas tradicións.
¡¡¡Mirade o noso Merdeiro!!!
 



DON SARDOMELO DI...