lunes, 1 de febrero de 2016

O MERDEIRO

Hoxe veu visitar o noso cole o personaxe típico do entroido vigués: o Merdeiro.
Pasou por todas as clases mostrándonos como era o seu traxe e falándonos un pouco da súa orixe. Ademais, grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os alumnos de 6º de E.P. tiveron unha charla relacionada con este personaxe.

Vestirse de "Merdeiro" era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. No entroido molestaban á xente restregándolles restos de peixe podre. O motivo de creación desta figura era a xenreira existente entre os mariñeiros e os labregos. 
A vestimenta era a imitación dos escabicheiros (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para cuitar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e os apeiros máis significativos: o pucho, a camisa branca arremangada, o pantalón de pano, as polainas, as zapatillas brancas ou zocas, o chaleco con símbolos astrais ou animais (o sol, a lúa, un burro, un galo, unha galiña…), unha faixa vermella, armado cunha vara e adornado con vexetais, como verduras, cebolas,...

Ao principio, algúns tivemos medo, pero ao final gustounos moito a súa visita e pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas dunha das nosas tradicións.
¡¡¡Mirade o noso Merdeiro!!!
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario