miércoles, 20 de enero de 2016

A QUE NON SABÍAS?

Os nenos de infantil embárcanse nun novo proxecto trimestral. Estes meses van a investigar no tema "Somos Galegos".  
Por iso os maiores do cole, concretamente os alumnos de 5º de Primaria, expertos xa no tema, ofrecéronlle unha clase maxistral sobre os castrexos e os castros na biblioteca do cole. 
Os pequenos atenderon coma nunca e aprenderon xa unha morea de cousas.
Bo traballo, rapaces!!! 





domingo, 17 de enero de 2016

INICIAMOS O CLUBE DE LECTURA

Este vernes 15 de xaneiro comezamos unha nova andaina, co inicio do noso clube de lectura para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. 


O libro do que gozaremos este trimestre titúlase  " O corazón da maxia " un libro cheo de emocións e  tamén de aventuras que fará as delicias de todos os  alumnos que   participen, así como das súas familias.


viernes, 18 de diciembre de 2015

POSTAL GAÑADORA DE NADAL

Como cada ano celebrouse no cole o concurso da postal de Nadal. O debuxo debía estar relacionado co proxecto anual do cole e coa temática de nadal. A postal gañadora foi, coma sempre, impresa no calendario anual que se envía as familias nestas datas.
Este ano o gañador foi Sergio Riobó Rodríguez de 6º de Primaria.


                                   ¡¡¡¡Noraboa Sergio!!!! 

Ademais da honra de incluírse a súa obra no calendario anual, Libroreta agasallou a Sergio cun precioso libro. Esperamos que che guste Sergio!







FRASE CÉLEBRE

Libroreta estaba moi leda con todas as reformas que fixeron no seu recuncho, e por iso decidiu organizar un concurso dunha frase célebre, que anime a ler e a visitar a Biblioteca do cole.
Debía ser unha frase que reflectira os sentimentos e as emocións que espertan en nós os libros e as historias marabillosas que atopamos neles.
Houbo unha gran participación e frases preciosas. Por iso a elección estivo complicada, pero finalmente a máis votada foi a do noso cativo Izan, de 5º de Educación Infantil.

                                      ¡¡¡Parabéns Izan!!!


A frase célebre incluíuse no tríptico coas recomendacións lectoras de Nadal. Ademais Libroreta agasallou a Izan cun fermoso libro. 



Felicidades Izan, e que sigas embarcándote en marabillosas historias.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Nestas datas sinaladas onde temos moito tempo para facer o que mais nos gusta, Libroreta recoméndavos estas lecturas que seguro os farán pasar un rato ben agradábel.

                         ¡¡¡Desexámosvos boas festas!!!

domingo, 13 de diciembre de 2015

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Co gallo da conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía, aproveitando que estamos a traballar ao redor das "Costumes e Tradicións Galegas", decidimos compoñer entre todos un quebracabezas de Galicia. Repartimos as catro provincias por aulas e cada grupo investigou e destacou na súa provincia os aspectos mais salientables da súa temática dentro do proxecto. O reparto foi o seguinte:

               Educación Infantil: Lugo.
               1º e 2º de Primaria: Pontevedra.
               3º e 4º de Primaria: A Coruña.
               5º e 6º de Primaria: Ourense.

Foi unha actividade moi chula e na que aprendemos un montón de cousas da nosa comunidade. Para rematar, un par de alumnos de cada grupo explicounos ao resto o que aprenderon e representaron na súa provincia, para que todos o puidésemos aprender tamén.

                             Mirade que ben nos quedou!!!!





martes, 1 de diciembre de 2015

TRÍPTICO INFORMATIVO

Aquí vos deixamos o tríptico que repartimos o día da inaguración da nosa biblioteca coas normas básicas sobre o seu funcionamento e servizos