viernes, 11 de marzo de 2022

Encontro con autores

 O 9 de marzo visitou o noso cole O Hematocrítico autor dos libros Lendas do Recreo ou Vaia Cabuxiño! Libros que leron o alumnado de 1º e 2º e 3º e 4º.




A verdade é que neste cole somos moi fans dos seus contos, Axente Riciños ou Feliz Feroz triunfaron nas aulas. Así que, cando soubemos que viña ao cole, puxémonos mans á obra para preparar a súa visita: lemos a súa biografía, pensamos as preguntas que queríamos facerlle, deseñamos un regalo coa impresora 3D e ata lle preparamos reseñas do conto en formato Tweet.




A visita foi todo un éxito e o alumnado quedou encantado. 




Dende o cole, non nos queda máis que agradecer a O Hematocrítico que se pasase pola nosa biblio para falarnos do seu traballo e pola súa cercanía. Foi un auténtico pracer! Desexando que saian máis cousiñas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario