jueves, 16 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

FAGAMOS UN LIBRO: ´´EU QUEDO NA CASA´´

Estamos a vivir unha situación excepcional. Sabemos que ficar na casa cos vosos fillos e fillas está a ser unha tarefa moi complicada pero… E se facemos un libro entre todos/as?
noso libro está en branco e gustaríanos enchelos coas vosas aportacións. O cartel deste ano do Día do Libro fala de FAME DE PALABRAS. O profesorado do centro temos fame das vosas palabras, das vosas mensaxesBotámosvos de menos!




Podedes falar de cómo o levades estes días, ou algunha actividade que fagades en familia, mensaxes de ánimo para as familias, fotos, audios, videos, debuxos, poesías,...todo vai ter cabida no noso libro.

Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. A ver qué se vos ocurre!

Qué mellor maneira de celebrar o mes do libro facendo un libro entre todos/as!

Enviade as vosas aportacións ao email da biblio:


Ánimo familias! Xuntos Conseguirémolo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario