miércoles, 21 de marzo de 2018

Día da poesía


DÍA DA POESÍA


A poesía é unha fogueira,
queimémonos nela.
Celso Emilio Ferreiro.


O Día Mundial da Poesía, proposto en 1998 pola Unesco,  celébrase cada 21 de marzo,  co propósito de consagrar a palabra esencial e a reflexión sobre o noso tempo. Este evento que fortalece a cultura no noso planeta  realízase en moitísimos lugares do mundo .


Para conmemorar esta día no noso colexio celebrámolo  nun acto na biblioteca, lendo todos xuntos  o poema "Ondas do mar de Vigo" de Martín Códax. Outra das actividades foi elaborar entre todos un poema que o rematalo lemos todos xuntos.
 Ademais cada clase recitou un poema relacionado coa temática do proxecto.




As familias tamén participaron este día, facendo lecturas de poemas na radio escolar na hora do recreo.
                                        



No hay comentarios:

Publicar un comentario