jueves, 13 de mayo de 2021

A CASIÑA DAS NOSAS VERBAS EN GALEGO

 SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 

VERBAS EN GALEGO. Adiviñas as bocas e os beizos de cada neno, nena e mestre ou mestra?



GAÑADORES/AS DO CONCURSO: PESQUEITE LENDO

PESQUEITE LENDO 



Enzo de 3º EP, Nora de 4º EP e Lois de 1º EP reciben o seu diploma
conmemorativo polo concurso da semana do libro "Pesqueite lendo".

A rapazada do centro tiña que ser sorprendido lendo nunha zona do noso barrio. 
Despois de achegar a súas fotos, o alumnado tiña que adiviñar onde foron tiradas.


domingo, 9 de mayo de 2021

MAIO MAIÑO, ACHÉGATE A NÓS UN POUQUIÑO

Xa chegou o mes das flores, da luz e do solciño; o mes das nosas letras, das letras galegas e por iso, celebramos "OS MAIOS" rapeando coplas feitas pola rapazada de cada curso con moito "style e flow"

Decoramos unha alfombra debuxada no patio do colexio con flores, cunchas, area de cores, fiuncho, fentos...o ritmo das nosas coplas e da guitarra do noso mestre de música.









                                           OS NOSOS RAPS DOS MAIOS






jueves, 22 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

 


O longo desta
semana do libro a rapazada estivo elaborando e traballando en distintas tarefas integradas para celebrar esta máxica semana do libro, a miña semana favorita como boa LIBRORETA que son!!!! 

Aquí vos deixo a proposta do alumnado de 5º de primaria recén saída do forno da aula...


BOOKTUBERS EN ACCIÓN!!!!!!!!



GRAVACIÓNS NA RADIO

 



Esta semana estivemos elaborando os guións e escaletas dos programas de radio; investigando curiosidades da autora homenaxeada deste ano no día das Letras Galegas, Xela Arias; gravando e aprendendo na nosa emisora ONDASELLO.







viernes, 9 de abril de 2021

DÍA DA POESÍA

 Aos nosos avós e as avoas do barrio chegáronlle as nosas poesías que dende o colexio escribimos para conmemorar este día e celebralo con vós aínda que sexa na distancia.