domingo, 29 de noviembre de 2020
sábado, 14 de noviembre de 2020
O MAGOSTO DO BARRIO
Este pasado venres 13 de novembro, celebramos o tan esperado MAGOSTO entre follas de outono e saborosas castañas puidemos desfrutar da cor de OUTONO e da VI edición das OLIMPIACAS con divertidos xogos en equipos burbulla e bailes incríbles 😊
jueves, 5 de noviembre de 2020
VÍDEO: BAILE DE SAMAÍN
O pasado venres todo o cole botouse a bailar no patio para celebrar un Samaín moi movido. Coa axuda do profe Germán levamos a cabo unha coreografía terrorífica!! Todos xuntos pasamos un bo rato ao son da música celebrando unha data moi especial.
sábado, 31 de octubre de 2020
A FESTA DO SAMAÍN
QUE BEN O PASAMOS NA FESTA DO SAMAÍN!!!
Agardando con ilusión á festa, estivemos tódala semana cos preparativos...
- Escribimos e debuxamos os nosos medos para que o "Horripilus" os comera para sempre!!!
- Debuxamos e pintamos o mural de samaín entre tod@s, na aula Galileo.
- Convertémonos en escritor@s de historias de medo e fantásticas narracións e debuxos cheos de imaxinación.
- Vexo, penso e...imaxino: decoración do colexio con figuras de samaín.
- Exposición de libros e historias de samaín.
- Nas clases de música preparamos ó baile "Tumbas por aquí, tumbas por allá" que bailamos e desfrutamos na festa terrorífica...
- Tamén atopamos a BRUXA PIRUXA estampada na parede, Tivo unha viaxe moi accidentada seica.
domingo, 25 de octubre de 2020
CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Como estades amiguiñ@s???
Estou moi contenta porque o pasado 24 de outubro celebrábase o día das bibliotecas escolares
e para conmemorar tal día pasaron polo meu RECUNCHIÑO tódalas clases de infantil a sexto de primaria para CREAR, EXPERIMENTAR E DESEÑAR unhas MÁSCARAS LITERARIAS ben bonitiñas e ARTÍSTICAS...
Mirade que murais tan chulos expuxemos nos taboleiros da biblioteca...
jueves, 22 de octubre de 2020
LIBRORETA VOLVE DAS SÚAS VACACIÓNS!!!!!
¡¡¡NOVO RETO!!!
Ola a tod@s!!! Qué ilusión poder escribirvos de novo, xa estaba cansa de tantas vacacións e precisaba da vosa compañía. Fai uns meses que vos vexo polo cole e tiña ganas de facer actividades con vós...
Chegou o outono, unha das miñas estacións preferidas. É a vosa tamén??
Hoxe enviei ás clases unha notiña cunha actividade para facer en familia e así celebrar a estación da caída das follas, dos magostos máis saborosos, das castañas asadas, do samaín máis arrepiante ji, ji...
Botádelle imaxinación e creatividade á decoración das follas da nosa contorna: do acivro, da figueira, do carballo...








