jueves, 18 de junio de 2020

REVISTA SARDOMELA Nº 23

XA CHEGOU, ESTÁ RECÉN SAÍDA DO FORNO, A NOSA QUERIDIÑA REVISTA SARDOMELA!!!

IMOS POLO NÚMERO 23, E CHEGA CARGADA DE ACONTECEMENTOS QUE VIVIMOS NESTE RARO E COMPLICADO CURSO. 

ATOPAREDES MOITAS NOVAS, FOTOS, DEBUXOS E ENLACES A VIDEOS. SÓ TENDES QUE CLICAR NAS IMAXES OU ESCANEAR O CÓDIGO QR CO MÓVIL. 



FOI UN TRABALLO EN EQUIPO DO PROFESORADO DO CEIP O SELLO E A ANPA SARDOMELA, FEITO CON TODO O AGARIMO DO MUNDO. ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES COA SÚA LECTURA E FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!!.





STOP, ESPERADE, AÍNDA TEMOS ALGUNHA SORPRESA MÁIS PARA O VENRES. ESTADE ATENTOS E ATENTAS!!!. 😉😉














martes, 16 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS... LIBRORETA

CLICA ENRIBA para ler a carta que nos envía a nosa amiga Libroreta.
Quere desexarnos o mellor para estas vacacións e recomendarnos varios libros interesantes para que teñamos boa compañía no verán!!
Animádevos a ler moito!!

jueves, 21 de mayo de 2020

ENQUISA DE VALORACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Saúdos nenos e nenas!
Saúdos familias!!

Coma todos os anos, dende a biblioteca, queremos saber a vosa opinión sobre o uso deste marabilloso espazo que temos no noso centro.
Iso si, nesta ocasión a enquisa vai ser on line!
Agradecemos enormemente as vosas aportacións. Lembrade que so podemos facer un cuestionario por familia.
Se alguén ten algunha dúbida ou problema que avise por mail.
Aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo e desexar que todos esteades ben!
Libroreta!

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!!!




Para coñecer un pouco máis a obra de RICARDO CARVALHO, autor homenaxeado neste día, queremos achegar aos nenos e nenas a poesía. Trátase dun sinxelo valse primaveral composto por Uxía, sobre un fragmento dun poema recollido no libro "Reticencias" de Ricardo Carvalho. Grazas profe Maijo!!!.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Mañá celebramos o día das Letras Galegas, e imos quentando motores, valorando e querendo a nosa lingua e cultura galega.
Aqui vos deixamos un "pedaciño de tod@s", de Galicia e do noso día. E se poidésemos achegarnos, nos fundiríamos "nunha aperta" inmensa. 
O poema é do poeta Manuel Maria "A fala" cantado por Uxía. Espero que vos guste. 😉😘



martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DA MULLER MATEMÁTICA 2020



                                        CLICA NA IMAXE PARA IR Á WEB


Bo día!!
Achegamos esta iniciativa, que nos chega dende Canarias. con propostas de actividades STEAM para nenos e nenas de Educación Primaria. Por aí anda Paola Guimerans coñecida dos nosos espazos creativos. Desta forma queremos conmemorar o 12 de maio: "Día da muller matemática".


lunes, 11 de mayo de 2020

OS MAIOS DIXITAIS 2020

VÍDEO OS MAIOS

Grazas a colaboración de toda a familia do CEIP O Sello, xa temos o noso vídeo sobre esta tradicional festa galega, que festexa a chegada da primavera.

Foi un gran traballo de todos e todas, neste inusual MAIO DIXITAL 2020, que celebramos dende a casa.

Desexamos que vos guste moito.