sábado, 2 de julio de 2016

AUDIOPROXECTO: "AS ABELLAS"

Durante este curso as Abelliñas de 3 anos investigaron e profundizaron no mundo das abellas. Levaron a cabo un proxecto trimestral e moitos  dos aprendizaxes adquiridos plasmáronnos nun mapa conceptual. Unha vez finalizado este proxecto, estes cativos quixeron compartir a súa aprendizaxe  gravando un audioconto, ou neste caso un audioproxecto, co que ademais de gozar a experiencia, traballaron tamén a expresión oral, a transmisión de información ou a competencia dixital.
 Gravando!!!

viernes, 1 de julio de 2016

CULTURGAL

Este ano finalizamos o proxecto anual de centro, "Costumes e tradicións galegas", celebrando a I Edición do noso particular CULTURGAL. Unha exposición realizada nos soportais do colexio que recompilou moitos dos traballos realizados ao longo do curso,  relacionados coa temática do proxecto  e que quixemos compartir con toda a comunidade educativa nunha xornada de portas abertas. Ademais grazas á colaboración das familias gozamos dunha degustación de produtos típicos da nosa gastronomía nun ambiente distendido e festivo.

 

miércoles, 22 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

O curso remata, comezan as vacacións e temos que aproveitar ao máximo o noso tempo libre. A lectura é coma sempre, unha forma estupenda de pasar un bo rato. Por iso aquí vos deixamos unha selección das nosas recomendacións lectoras para este verán. Esperamos que vos gusten.
Felices vacacións e ata setembro!!!!

jueves, 16 de junio de 2016

ENTREGA DIPLOMAS VOLUNTARIOS BIBLIOTECA

Libroreta cerra as portas este curso e para ir rematando este ano tan intenso, entregámoslle, aos nosos Voluntarios de Biblioteca, os diplomas e camisetas que "Bibliotecas Escolares" enviou como agasallo e recoñecemento ao seu traballo.
Dende o noso recuncho preferido do cole queremos agradecervos de novo a todos e a todas, o voso interese e axuda.
Grazas e ata o vindeiro curso.

                         

O POLO PEPE VISITA VIGO

O "Polo Pepe" é un personaxe moi especial para moitos nenos e nenas. Este sábado visita a nosa cidade, así que os que queirades podedes pasaros pola Casa do Libro a darlle unha forte aperta. Aquí vos deixamos a información por si fose do voso interese.


lunes, 6 de junio de 2016

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA

Nesta ocasión Libroreta plantexou aos seus lectores unha pregunta relacionada co autor das Letras Galegas deste ano. E como non, estes devoradores de libros, atoparon a resposta correcta sen moita dificultade.
Cal foi a primeira obra de Manuel María?
Xiana Cameselle de 3º de E. Primaria tiña a resposta:
"Muiñeiro de brétemas" (1950)
Noraboa a ela e grazas a todos os participantes no concurso!!!