viernes, 26 de febrero de 2016

CARTAS DE AMOR E AMIZADE

O "I Concurso de Cartas de Amor e Amizade" do cole foi todo un éxito. Libroreta recibiu unha morea de cartas dos nenos e nenas do cole e tamén das familias, todas elas fermosísmas. Moitas grazas a todos pola vosa participación!
Ao final houbo que escoller dúas cartas gañadoras e os agraciados foron:
-Adrián Oliveira  de 3º de EP.
-Milagros Pérez,  nai de Ainara Pereira,  de 4º de Educación Infantil.
Noraboa aos dous!!

As cartas gañadoras sairán publicadas na nosa revista anual "Sardomela" que se editará no mes de Xuño. Ademais houbo algunha que outra sorpresiña.

Aquí deixámosvos un pequeno vídeo desta fermosa actividade.

jueves, 25 de febrero de 2016

A MÚSICA NAS ÁRBORES

Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as follas nace unha sinfonía. Cando a chuvia cae nas follas soan diferentes instrumentos. As treboadas fan danzar os freixos e xorde un espectáculo de ballet...
Unha nova actividade concedida pola Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, relacionada co libro-cd do mesmo nome, na que Servando Barreiro sensibilizou ás nenas e nenos coa contorna natural a través da música e dos contos e cantigas participativas, co galego como lingua vehicular.




miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de Febreiro,  conmemorase o nacemento de Rosalía de Castro. Por tratarse dunha das figuras mais relevantes da nosa cultura, non podíamos deixar de renderlle homenaxe,  e menos este ano traballando ao redor das nosas costumes e tradicións.

Realizamos as seguintes actividades ao redor da figura de Rosalía:

- Investigación por parte dos alumnos de 4º de EP da vida e obra de Rosalía, para contarnos aos demais os aspectos mais relevantes.
- Elaboración e envío dunha postal como agasallo rosaliano as casas dos nosos alumnos/as. 
- Recitado dun fragmento do poema "Alborada" e do poema "Adiós Ríos, Adiós fontes". Confección conxunta dun mural con esta obra da autora.
- Agasallo por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca dunha flor a cada alumno do cole.

Ademais durante estes días tivemos unha exposición cunha escolma das obras da autora existentes na nosa biblioteca.
Mirade canto traballamos!


lunes, 22 de febrero de 2016

ELEMENTAL QUERIDA LIBRORETA

Comenzamos o noso concurso "Elemental, Querida Libroreta".

Cada quince días formularase unha pregunta que poderedes ver no taboleiro contiguo a Biblioteca. Serán os nosos estupendos voluntarios  os encargados de seleccionar a pregunta do concurso.
Cando saibades a resposta, deberedes pedir un papel a un mestre responsable da biblioteca e cubrilo coa resposta, o voso nome e o curso. Depositade o papel no buzón de respostas situado na Biblioteca.
Coñeceredes a resposta correcta ao final de cada quincena. 
As respostas acertadas serán agasalladas!!!
Animádevos a participar e moita sorte!!!!




viernes, 12 de febrero de 2016

COPLAS DO ENTROIDO

Aproveitamos calquera ocasión para seguir traballando  no noso Proxecto Anual, así que no  Entroido non paramos e compuxemos pequenas coplas, regueifas e ata cancións relacionadas cos temas que traballamos dende as aulas. Mirade que chulas nos quedaron. 
Somos uns artistas!!


UNHA SEMANA CHEA DE AMOR

San Valentín chegou ao Sello e Libroreta anda namorada. Por ese motivo decidiu organizar o "I Concurso de Cartas de Amor e a Amizade".
Hai dúas categorías: alumnos e familias. 
Soamente tes que escribir a túa carta e depositala no buzón situado na entrada da Biblioteca.
Aquí deixamosche as bases do concurso.
Anímate e participa!!!

                    

lunes, 8 de febrero de 2016

UN ENTROIDO MOI GALEGO

Este ano por fin o bo tempo deixounos gozar da festa do entroido. Todos os nenos, nenas e mestres do cole disfrazámonos de cousas relacionadas co noso Proxecto Anual, "Costumes e Tradicións Galegas", e saímos ben guapos a lucirnos polo noso barrio. Ao chegar de volta ao cole bailamos e recitamos regueifas moi divertidas. Para por o broche a este estupendo día e recuperar forzas, degustamos os doces típicos que trouxemos da casa.

Mirade que guapos estabamos. 
Pasámolo xenial!!!