Como cada ano celebrouse no cole o concurso da postal de Nadal. O debuxo debía estar relacionado co proxecto anual do cole e coa temática de nadal. A postal gañadora foi, coma sempre, impresa no calendario anual que se envía as familias nestas datas. Este ano o gañador foi Sergio Riobó Rodríguez de 6º de Primaria.
¡¡¡¡Noraboa Sergio!!!! Ademais da honra de incluírse a súa obra no calendario anual, Libroreta agasallou a Sergio cun precioso libro. Esperamos que che guste Sergio!
Libroreta estaba moi leda con todas as reformas que fixeron no seu recuncho, e por iso decidiu organizar un concurso dunha frase célebre, que anime a ler e a visitar a Biblioteca do cole. Debía ser unha frase que reflectira os sentimentos e as emocións que espertan en nós os libros e as historias marabillosas que atopamos neles. Houbo unha gran participación e frases preciosas. Por iso a elección estivo complicada, pero finalmente a máis votada foi a do noso cativo Izan, de 5º de Educación Infantil. ¡¡¡Parabéns Izan!!!
A frase célebre incluíuse no tríptico coas recomendacións lectoras de Nadal. Ademais Libroreta agasallou a Izan cun fermoso libro.
Felicidades Izan, e que sigas embarcándote en marabillosas historias.
Nestas datas sinaladas onde temos moito tempo para facer o que mais nos gusta, Libroreta recoméndavos estas lecturas que seguro os farán pasar un rato ben agradábel. ¡¡¡Desexámosvos boas festas!!!
Co gallo da conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía, aproveitando que estamos a traballar ao redor das "Costumes e Tradicións Galegas", decidimos compoñer entre todos un quebracabezas de Galicia. Repartimos as catro provincias por aulas e cada grupo investigou e destacou na súa provincia os aspectos mais salientables da súa temática dentro do proxecto. O reparto foi o seguinte: Educación Infantil: Lugo. 1º e 2º de Primaria: Pontevedra. 3º e 4º de Primaria: A Coruña. 5º e 6º de Primaria: Ourense. Foi unha actividade moi chula e na que aprendemos un montón de cousas da nosa comunidade. Para rematar, un par de alumnos de cada grupo explicounos ao resto o que aprenderon e representaron na súa provincia, para que todos o puidésemos aprender tamén. Mirade que ben nos quedou!!!!
Co gallo da celebración do Día Internacional da Non Violencia contra a muller, os alumnos do cole representamos unha obriña, baseada no conto de Maruxa, da editorial OQO. Con el aprendemos que todo é máis doado e divertido cando se fai entre dous.