sábado, 20 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

O noso alumnado estivo a traballar a prensa durante toda a semana a través dos XORNAIS, colaborando e redactando os artigos para a REVISTA GALILEO, inventando noticias para a nosa ONDASELLO a radio do colexio, etc.

Estes son algunhas das NOVAS TOLAS

                                             de las NOTICIAS LOCAS

                                                      and...CRAZY NEWS






                                     

viernes, 12 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

LIBRORETA expuxo diferentes libros sobre mulleres e nenas guerreiras, rebeldes, loitadoras, traballadoras...para traballar o día da muller neste 8 de marzo.
  Dende o Sello lembramos a importancia da IGUALDADE entre mulleres e homes. 

sábado, 27 de febrero de 2021

FELIZ DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 


O noso alumnado diseñou e motou un quebracabezas moi chulo cunha imaxe da nosa poetisa favorita, Rosalía de Castro.



sábado, 13 de febrero de 2021

O ENTROIDO DO BARRIO

 De onde ves, 

                     a onde vas

                                     na contorna de Cabral...?



No entroido deste curso, a rapazada e o profesorado divertíronse facendo un estupendo OBRADOIRO de máscaras e disfraces galegos (as pantallas, os volantes, os peliqueiros...) e tamén prepararon os seus disfraces para a festa final atendendo ó PROXECTO DO CURSO....


A rapazada de infantil e terceiro curso de primaria que estudan a fauna e flora vestiron de patos, peixes e abellas.

As nenas e os nenos de primeiro vestiron de traballadores e traballadoras do mercado de Cabral que se atopa moi pretiño do noso colexio.

O alumnado de cuarto remorou a reconquista de Vigo e a loita cos franceses e a importancia da xentiña do barrio na mesma.

Quinto e sexto de primaria preparou platos e louza da antiga fábrica de Santa Clara.


INVESTIGACIÓN E EXPOSICIÓN DO ENTROIDO TÍPICO GALEGO




lunes, 8 de febrero de 2021

OS NOSOS CONTOS DE NADAL

Recén sacados do laboratorio de escritura. Xa chegaron os VIDEO CONTOS de Nadal feitos pola rapazada do colexio. Tódolos cursos o mesmo inicio da historia...como será o final de cada clase? DESCÚBREO ;)

sábado, 30 de enero de 2021

NAVEGANDO POLA PAZ NO SELLO

 Chegou un dos meus días favoritosssss!!! O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ!!!!

Fixemos cousiñas moi bonitas  navegando pola paz no Sello..

Troco dos barquiños da paz por chapas con diseños moi orixinais!!

Os mediadores de quinto presentaron o seu proxecto cunha boa charanga alegre e divertida.

O alumnado de sexto fixo un discurso pola paz buscando e loitando pola resolución pacífica dos conflictos e da paz no colexio e na vida.

Navegades con nós nos nosos veleiros??

CHARANGA DA PRESENTACIÓN DOS MEDIADORES E DAS MEDIADORAS ESCOLARES NO COLEXIO










MENSAXES DE AUGA

O NOSO BAILE POLA PAZ ;)