miércoles, 5 de febrero de 2020

CREACIÓN DUN VÍDEO CON MOITA PAZ


O grupo de sexto acordou dar un paso máis alá no Día da Paz e Non Violencia. Por que non crear o noso propio vídeo fomentando a "paz" no noso centro??
Despois de pensar e pensar... chegaron á conclusión de que PODEMOS SER MELLORES!!!
En breve teredes neste blog, en primicia, o resultado final. Mentres tanto quédanos esta foto dunha das secuencias grabadas na nosa biblio!
Parabéns rapaces, aquí hai moito potencial.

LECTURAS AO SOL





Exitazo desta nova edición de "LECTURAS AO SOL". Como vén sendo habitual, e cando o tempo axuda, a biblioteca do centro organiza estas sesións de lectura ao aire libre.
Lecuras libres, lecturas dirixidas, lecturas individuais ou colectivas, de libros ou prensa, de cómics ou revistas... Toda lectura é válida para disfrutar lendo!!!
En breve MÁIS E MELLOR!!!

ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 5º EP





Os nosos compis de 5º tamén están moi conectados á robótica. Despois dunhas pequenas explicacións superaron varios retos empregando os robots LEGO WeDo.
Parabéns rapazas e rapaces. Moi bo traballo!!!

martes, 4 de febrero de 2020

RADIO ESCOLAR


Durante o mes de febreiro, e grazas ao CFR de Vigo, o noso centro contará cun novo espazo: a radio escolar.
O equipo de biblioteca realizou as xestións necesarias para poder contar neste tempo con este poderoso recurso.
En breve subiremos a este blogue as creacións que fagamos!!!
Queremos agradecer a Manu e a Isabel Nuevo  (Asesores do CFR de Vigo)  todo o seu tempo e apoio para facer que esta idea se fixera realidade. MOITAS GRAZAS!!!

lunes, 3 de febrero de 2020

CHARLA SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO


O pasado venres, día 31 de xaneiro, o grupo de 6º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de asistir a un novo obradoiro organizado polo Departamento de Orientación do centro e desenvolvido por persoal do Concello de Vigo.
Nesta ocasión, Elsa, repasou varios conceptos traballados en cursos pasado para afondar na temática de Violencia de Xénero.
Foi unha sesión moi interesante para reflexionar sobre situacións reais que vivimos no día a día.
En breve teremos novos obradoiros englobados nesta liña de educación emocional.

AVANZAMOS NA ROBÓTICA...

Seguimos avanzando e as rapazas e os rapaces de cuarto coa materia de libre configuración: introdución a robótica e pensamento computacional, xa fan funcionar os MBOT







                                                             LEGO






SCORNABOT