Recomendacións Lectoras
Libroreta deséxavos que pasedes unhas felices vacacións. E para que as desfrutedes aínda se cabe mais ahí vos deixa unhas recomendación de lectura para este verán.
martes, 25 de junio de 2019
lunes, 10 de junio de 2019
AO FINAL TOCA AVALIACIÓN..
ENQUISAS PARA TODOS
Libroreta quere mellorar e para iso revisa o buzón e envíanos tamén estas enquisas que axudarán a que o ano que ven pasémolo igual de ben ou incluso mellor. Grazas a tod@s.
viernes, 7 de junio de 2019
os nosos maiores
O NOSO FUTURO MELLOR CUNHA OLLADA AO PASADO
Unha actividade moi linda para a nosa Comunidade educativa, enriquecedora e que dende logo repetiremos vindeiros cursos. O alumnado voluntario de 5º e 6º visitou ao Centro da terceira idade "Geriatros", en Barreiro, na nosa contorna. Alí nenos e maiores tiveron tempo de falar, de rir e sorrir con moita tenrura. O alumnado recitou poesías da natureza, relacionadas co proxecto do centro.
viernes, 31 de mayo de 2019
clube de lectura
CLUBE DE LECTURA
Este curso voltamos a ter clube de lectura cos alumnos de 5º e 6º de Primaria voluntarios. Fixemos un grupo de 24 lectores e desfrutamos un montón desta actividade que facíamos os martes na hora do recreo e ler.
O libro elixido foi "Unha misión para Clara" de Marica Campo.
Como actividade final visitounos a autora coa que o pasamos xenial e nos divertimos moito.
lunes, 20 de mayo de 2019
reciclaxe
NO SELLO SOMOS OS CAPITÁNS DAS TRES ERRES
Libroreta enviounos algún libro as aulas para que voara a nosa imaxinación, creatividade e gusto polo coidado da nosa terra. Cun proxecto tan ecoloxista e cuns nenos tan artistas había que propoñer que con material de refugallo fixeran xoguetes, decoracións...Moito nos sorprenderon!
viernes, 3 de mayo de 2019
día do libro
SEMANA DO LIBRO
Na biblioteca lese, cóntase, dramatízase...e non só o fan os nenos senon tamén os mestres...e ademais diso...podemos ler en mais dunha lingua...que todos sabemos sacala!. Esta vez sacamos o galego, castelán, inglés, francés e portugués. O que nos gusta é ler, falar, cantar, facer teatro...e todo na nosa biblio.
lunes, 25 de marzo de 2019
dia poesía
DÍA DA POESÍA
Libroreta sabe da nosa sorte de ter unha radio na que poder publicar o noso traballo. Esta vez as verbas escritas tamén se oiron no patio. Cada curso seleccionou unha linda poesía que puido recitar a través do micro!!!. A nosa linguaxe tamén é música...senón escoitade!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





