martes, 25 de octubre de 2016

ESCOLMA LIBROS TERRORÍFICOS

Para ir ambientando estas monstruosas datas, ao longo de toda a semana de Samaín toparedes na entrada do noso recuncho unha selección de libros de medo, para que poidades gozar lendo divertidas e terroríficas historias. Esperamos que vos gusten. 


lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de outubro, celebrase o Día das Bibliotecas Escolares. 
A biblioteca é, sen dúbida, un dos lugares mais especiais da nosa escola e por iso non podíamos deixar de celebrar esta data, xa que danos o pistoletazo de saída para por en marcha unha morea de actividades que espertan no noso alumnado as ganas de aprender, investigar e soñar. Ademais este ano temos un bo motivo para celebrar, porque a nosa biblioteca entrou a formar parte da Rede de Bibliotecas PLAMBE. 
Este ano o cartel editado para a conmemoración desta data foi realizado pola ilustradora Helena Odriozola e o pregón, que lemos nesta celebración, pola escritora viguesa Ledicia Costas, ambas premios nacionais no ano 2015.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste gran día para o noso Recuncho de Libroreta.


           

RECURSOS SOBRE O SAMAÍN

A web CGENDL, Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, compartiu as actividades para E. Infanfil e E. Primaria sobre o Samaín do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña e o CEIP Galán de Arteixo. 

miércoles, 19 de octubre de 2016

CARTA DE LIBRORETA

Esta semana topamos nas nosas aulas esta carta de Libroreta. Nela contábanos as súas divertidas vacacións e ademais invitounos ao acto de celebración do Día das Bibliotecas Escolares que terá lugar no seu recuncho o vindeiro 24 de outubro. Aquí vos deixamos a carta para que a poidades ler.

martes, 18 de octubre de 2016

DÍA DA COMUNIDADE VALENCIANA

O pasado 9 de outubro conmemorouse o Día da Comunidade Autónoma de Valencia e os alumnos/as de 6º EP compartiron co resto dos cursos algunhas das principais características desta terra.
Aprendemos a situala xeográficamente e identificamos as súas 3 provincias (Valencia, Castellón e Alacante). Alí falan valenciano e como fai moito caloret os nosos compis agasaiarónnos cuns lucidos abanicos e por iso os turistas visitan as súas praias, as mais famosas en Benidorm. Polo mes de marzo festexan as Fallas nas que queiman os ninots. En canto á comida, falarónnos da paella, a fideuá, as sabrosas laranxas e os deliciosos turróns de Alacante. A súa bebida mais típica é unha horchata ben fresquiña e así todos a unha dixemos:
  FELICITATS VALENCIA!

             

UNHA ANDAINA POR ESPAÑA

Xa empezamos a dar os primeiros pasos da nosa andaina. O primeiro foi elaborar entre todos o mural para a entrada do cole deixando moi claro o que cada grupo vai a investigar. Mirade que chulísimo nos quedou!!!

domingo, 9 de octubre de 2016

PROXECTO ANUAL

Ola amigos:
Este verán fixen o camiño de Santiago, para coñecer moitos dos fermosos lugares da nosa terra, Galicia. No camiño coñecín a xente que viña de todas partes de España, porque.... sabedes? pódese chegar a Santiago seguindo unha das moitas e diferentes rutas que atravesan a xeografía española. 
No camiño fixen moitas e novas amizades, e por iso, ao longo deste curso, decidín investigar sobre todos eses marabillosos lugares. Así poderei aprender moitas cousas sobre as autonomías, provincias e cidades do noso país.
Queredes acompañarme nesta nova aventura, facendo "UNHA ANDAINA POR ESPAÑA"?
Se vos parece ben repartimos o traballo e comezamos!!!
- Ed Infantil: Olé mi arma! (Andalucía)
- 1º Primaria: A nena de A Mancha (Castela a Mancha)
- 2º Primaria: Asturies, que guapina yes! (Asturias)
- 3º Primaria: Por aquí Dalí e Gaudí (Cataluña)
- 4º Primaria: Os chulapóns da capital (Madrid)
- 5º Primaria: Pintxo pote (País Vasco)
- 6º Primaria: Paella, pa´ él e pa´ ela (Valencia)