miércoles, 19 de febrero de 2020

VISITANDO A CORUÑA!


O alumnado do noso centro visita a cidade de A Coruña para disfrutar dos seus museos.
Nunha actividade conxunta de todo o colexio, na que puidemos visitar o Acuario Finisterrae e os Museos Domus e Casa das Ciencias, serviu para coñecer un pouco máis a ciencia experimentandoa de primeira man.
O museo Domus gustounos moitísimo e nel puidemos tocar e probar un sinfín de experimentos. Despois tamén houbo tempo de facer unha pequena parada para comer cos compis.
A continuación visitamos o Aquarium, lugar fermosísimo para relaxarnos e seguir aprendendo coas especies das nosas rías. Saber máis sobre os escurridizos polbos, coñecer algún que outro peixe novo ou acercarnos ao seu gran tiburón Gastón.
Para rematar marchamos á Casa das Ciencias. Alí vimos como nacían os pitos, xogamos cos columpios (que ademais descubrimos que eran péndulos) e experimentamos co magnetismo ou co vento!!!
Unha saída moooi intensa pero moooooooooooooi interesante!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario