sábado, 22 de febrero de 2020

ENTROIDO NO CEIP O SELLO


O venres, 21 de febreiro, toda a comunidade educativa do noso centro celebrou o Entroido.
Baixo unha mesma temática, os inventos, cada unha das clases elaborou o seu disfraz orixinal. Houbo reloxos, tripulación de submarinos, Radio-cassettes, robots, bombillas e mesmo algún que outro científico tolo!!!
Nun primeiro momento, tod@s xunt@s pasearon polo patio do cole para lucir os seus talentosos disfraces. Despois realizaron, a modo de comparsa, un "pasacalles" ata o mercado. A mestra de música se encargou de poñer o ritmo ao son da batucada!!!
En breve subiremos máis fotos !!!
Por certo, lembrade que volvemos ao centro o próximo xoves 27 de febreiro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario