martes, 27 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA VERÁN

Dende a biblioteca Libroreta seleccionou uns libros para que durante estas vacaciones os mergulledes na lectura vivindo divertidas historias.


domingo, 18 de junio de 2017

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS


Finalizada a campaña "Marcapáxinas Solidarios" promovida pola ONG "Save the Children", comprácenos comunicar que o alumnado e as familias do CEIP O Sello conseguiron recadar un total de 363,50 €.
Sen dúbida todo un éxito. Un pouco de cada un convértese nun moito. Parabéns a todas e todos os que colaborastes con esta causa, e dende o equipo de Biblioteca, queremos agradecervos a vosa participación e implicación nesta causa.



miércoles, 14 de junio de 2017

DÍA DA ÁRBORE

O venres 2 de xuño, celebramos unha nova xuntanza na "XX edición do Día da Árbore". Xunto aos coles CEIP Carballal e CEE Saladino Cortizo compartimos unha xornada de xogos e natureza.  Como cada ano, plantamos unha nova árbore, soltamos animais en liberdade, merendamos e xogamos a unha morea de cousas que con gran agarimo organizaron os alumnos e mestres do CEE Saladino Cortizo. Grazas a colaboración da Comunidade de Montes de Cabral puidemos gozar dunha divertida xornada mais intercentros. 
Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos!

           

sábado, 10 de junio de 2017

BO TRABALLO " CRAZY POLOS BOOKS"

Este  luns demos por rematado o Clube de Lectura deste curso . 
Rematamos a investigación sobre a vida e obra de Jacobo Fernández Serrano así como a análise da súa obra " Mil cousas poden pasar I" 
e expuxémolo nos corredores.

Para festexar o ben que traballamos realizamos unha merendola e pasamos un rato divertido.
 GRAZAS a todos os participantes do clube por ser sempre tan bos alumnos e facer que o clube fora toda unha aventura.
Ata sempre!!!





viernes, 9 de junio de 2017

AUDIOCONTO " SABELA NO SELLO"

O alumnado do Clube de Lectura " Crazy polos books" elaborou despois da lectura do conto " Sabela  e as zocas máxicas" unha adaptación deste conto feito por eles , chamado 
" Sabela no Sello".

 

miércoles, 7 de junio de 2017

ENQUISAS DE VALORACIÓN

A piques de rematar o curso toca facer avaliación do funcionamento da biblioteca, do traballo realizado e das actividades desenvolvidas ao longo do ano. Coa finalidade de seguir mellorando e corrixir os posibles erros, deseñamos e pasamos a seguintes enquisas tanto ao alumnado da escola coma aos mestres. En breve recolleremos e analizaremos os resultados obtidos. 

domingo, 4 de junio de 2017

PREPARANDO O DÍA DA ÁRBORE


Este curso, o CEIP O Sello, foi o encargado da elaboración do cartel que conmemora a XX Edición desta celebración. Con tal motivo, convocamos un concurso no que participaron todos os alumnos do colexio sendo a gañadora unha alumna de 4º de E. Primaria, Xiana Cameselle Pino.
Ademais, o photocall tamén foi cousa nosa, polo que preparamos unha xigante e floria árbore coa intención de convertirse  nun punto de encontro para retratarse xunto a ela e gardar así un bonito recordo deste día.


viernes, 2 de junio de 2017

DÍA DE CASTELA A MANCHA

O 31 de maio conmemórase o Día da Comunidade Autónoma de Castela A Mancha. Por esta razón, os nosos nenos e nenas de 1º de Primaria, quixeron compartir con toda a escola esta festividade. Para elo, prepararon unha deliciosa degustación de queixo manchego. Non quedou nadiña!!
Ademais agasallarónnos a todos cunhas pequenas aspas de muíño para por na solapa.