O Departamento de Orientación do noso centro organizou, o pasado 11 de febreiro, unha nova sesión de Escola de Pais. Nesta ocasión foron invitadas dúas psicólogas da Fundación Amigó, unha organización que traballa na transformación social e individual das persoas en situacións vulnerables.
Actúan especialmente coa infancia, coa xuventude e coas súas familias cando xorden dificultades de convivencia.
Nesta sesión, moi amena e práctica, puidemos reflexionar na nosa de actuar como educadores (familias e profesorado) e aprender novos recursos de utilidade para poñer en práctica no día a día cos nosos pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario