sábado, 30 de noviembre de 2019

ANUNCIOS DO COLE GRABADOS EN RADIOVIGO



O pasado 27 de novembro o alumnado de 5º e 6º do noso centro visitou as instalacións de RadioVigo. Alí puido coñecer de primeira man o funcionamento da radio e da televisión. Que mellor forma de aprender que elaborando as nosas primeiras cuñas publicitarias. Sabedes que anunciaron???
Clicade nos reprodutores e prestade atención para ver se sodes capaces de identificar esas voces tan fermosas!!!

Esta actividade servirá para dinamizar a radio do noso cole. En breve... estaremos emitindo os nosos propios programas!!! Se queres participar pregúntalle ao teu profe!!

GALILEO CHEGA AO NOSO COLEXIO


Xa está aquí e chega para quedarse!!!
Libroreta convidou a un gran amigo seu para que pase un tempo con nós.
Como sabedes, este ano, dende a biblioteca estamos a traballar os inventos. Ademais están a chegar moitos robots que nos farán pasar un bo rato mentres aprendemos. Galileo chega para axudar aos mestres e mestras a facer moito máis divertido o día a día.
Moitas grazas á profe Aida por compartir con todos nós as súas creacións!

MÁIS EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA


O alumnado de 6º de Ed. Primaria organizou na biblioteca do noso centro unha pequena exposición con experimentos moi interesantes. Convidaron a todo o alumnado do cole a que puideran "trastear" cos seus CACHARROBOTS ou que intentaran encender unha bombilla led cuns limóns (LIMON-BILLA). A experiencia foi moi gratificante para tod@s. Sen dúbida o que máis sorprendeu foi a posta en marcha do MAKEY-MAKEY e a utilización de SCRATCH para programar este dispositivo. Ver como se toca o piano cuns plátanos non é algo que ocorra todos os días.
Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo!!!

MOITAS NOVIDADES NA NOSA BIBLIO


Dende o principio de curso están a chegar á nosa biblioteca moito material novo. Destacan, por riba de todo, os libros de diversa temática pero tamén hai películas e xogos novos!!!
Pídelle consello aos mestres e mestras cando pases pola biblio. Seguro que te recomendarán algo xenial para os teus gustos!

lunes, 25 de noviembre de 2019

ROBOTIZÁNDONOS

Pouco a pouco navegamos polo mundo dos robots...

Libroreta recibirá unha sorpresa ao longo das próximas semanas na súa biblioteca. Esta vez sorprenderémola nós cun recanto maker!!
Descubrindo en infantil...


4º EP

Escornabots en 4º EP












SEMANA DA GALICIENCIA

Libroreta quixo celebrar a semana da ciencia en galego e por iso as rapazas e os rapaces do cole convertéronse en científic@s tol@s poñendo rumbo a inventos, experimentos e investigando arredor das máis famosas e famosos inventor@s e científic@s de tódolos tempos. Co gallo da semana da ciencia, o pasado venres 22 de novembro convertemos a sala GALILEO nunha sala de experimentos incríbles que mostraron cada aula e que podemos observar nas seguintes fotografías.
Serías quen de recoñecer cada científic@?


Formulando e contrastando hipóteses no club de detectives científic@s

Infantil_Cociñando experimentos

4º EP_Volcán destructor

2º EP_Lámpada de lava

5º EP_Bolsa de auga irrompible

6º EP_Cacha-robots

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA


O pasado mércores 20 de novembro, celebramos o Día Mundial da Infancia reflexionando acerca dos dereitos das nenas e dos nenos e das inxustizas do mundo. O alumnado de 4º plasmou nun mural os seus desexos para as nenas o os nenos para os que non se cumpren ditos dereitos.



domingo, 24 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.




O noso centro conmemora este día con varias actividades.  A canción "Ella" de Bebe pon a banda sonora a este emotivo día!

viernes, 22 de noviembre de 2019

EXAME DE ESCORNABOT


Xa temos os Escornabots montados e listos para funcionar!!!

Pero antes é necesario poñer a proba aos futuros usuarios. Nesta ocasión foron os mestres e mestras do cole os que pasaron pola nosa biblioteca para "examinarse" no manexo de Escornabot. E sabedes unha cousa... tod@s aprobaron!!! E con nota!!!

En breve comezarán a viaxar polas aulas e poderemos aprender moitas cousas dándello as ordes necesarias e disfrutar cos seus peculiares movementos.

EXPÓSITO E MARIETA!!


Expósito e Marieta, amigos de Libroreta xa están polas nosas aulas recomendando os novos libros que acaba de recibir a biblioteca.

Xa sades que podes baixar na hora do recreo e reservar aquela novidade que máis te chamou a atención.

Seguro que Libroreta enviará máis libros para que podamos disfrutar coa súa lectura e non te esquezas de facer unha suxestión se non atopas o que buscas!!!

E TI... QUE QUERES LER??


Libroreta deixounos na entrada da biblioteca esta caixa de suxestións para que anotemos aquelas lecturas que desexamos ler e aínda non están nas estanterías!!!

Podedes pedirlle contos, libros de narrativa, libros de poesía, banda deseñada... A ver se temos sorte e chegan pronto!!!


jueves, 21 de noviembre de 2019

ESTAMOS DE NORABOA!!!


Saúdos nenas e nenos. Saúdos familias!!!
Estamos de parabéns. O noso centro acaba de ser seleccionado no "Proxecto de Introdución á Robótica" proposto pola Consellería de Educación para este curso 2019/2020.

Nesta ocasión foron seleccionados un total de 25 centros educativos en toda Galicia  (tres en Vigo) e o CEIP O Sello está dentro dese grupo de afortunados!

Esta gran nova para toda a comunidade educativa vén cargada de novo material para uso e disfrute do noso alumnado. En breve estarán correndon polas nosas aulas outros novos amiguiños: OS MBOTS!

Pinchade no seguinte enlace se queredes saber máis sobre o proxecto.

martes, 12 de noviembre de 2019

O CLUBE DE LECTURA DO COLE BOTA A RODAR...



Como todos os anos por estas datas, o clube de lectura comeza as súas andaduras. A mestra Mariajo coordinará este grupo de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria durante todos os luns.
Nesta ocasión o libro elixido polo grupo para traballar durante estas sesións será a obra de Xavier Estévez: O corazón da maxia.



Parabéns rapaces!! e moitas grazas Maijo por esta fermosa iniciativa. Seguro que entre tod@s descubriredes novas anécdotas e historias da man de Xavier. 



lunes, 11 de noviembre de 2019

CONSTRUCIÓN DOS ESCORNABOTS

                                 



 Xa está aquí o grupo de superprofes dándolle duro para montar aos nosos novos amiguiños: os escornabots. A semana pasada varios mestres do cole comezaron coa construción dos nosos novos robots cos que a Consellería de Educación (Bibliotecas Escolares) dotou ao noso centro.
En breve comezarán a "rodar" polo noso centro. Estades preparad@s para aprender moitas cousas con eles??


viernes, 8 de noviembre de 2019

UNIVERSARTE CON INFANTIL

As peques e os rapaciños de infantil continúan a traballar co seu proxectiño UNIVERSARTE a prol do proxecto anual do centro REINVENTARTE coa temática do universo. Fan cousas tan chulas como estas...




SAMAGOSTIÑO

Libroreta é moi orixinal e quixo celebrar este ano o SAMAGOSTIÑO xuntando dúas celebracións propias desta época do ano: O MAGOSTO E O SAMAÍN. Así, o mércores día 30 de outubro disfrazámonos cos traxes máis horripilantes que tíñamos no noso armario e camiñando polos espantosos corredores do colexio chegamos ata a nosa biblioteca onde HORRIPILUS quería comer os nosos medos...


Xuntámonos na hora do recreo para facer a festa do magosto, asamos castañas e fixemos unha convivencia do mais agradable. 



As rapazas e os rapaces trouxeron unhas apetitosas receitas do samaín coas que faremos un libriño para a nosa biblioteca. O concurso de cabazas foi todo un éxito e os gañadores levaron un pequeno diploma pola súa creatividade e participación.


Libroreta non podía quedar sen celebrar as OLIMPIACAS, xogos tradicionais no patio coas castañas típicas do magosto. O alumnado pasouno en grande xa que o alumnado de 6º facía de monitoras e monitores para os máis pequenos do colexio.



miércoles, 6 de noviembre de 2019

POEMA DE ÁLEX AO SEU NOVO MESTRE

Poema creado por unha das nosas compañeiras de 6º as primeiras semanas de curso para sorprender ao seu novo mestre. O poema foi creado coa axuda dun dos seus tíos. A narración corre a cargo da propia alumna. A música utilizada para este traballo escolar foi a da BSO de Amelie.
Desexamos que vos guste.







sábado, 2 de noviembre de 2019

VÍDEOCONTO "LA SIRENITA"


O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo a traballar para sorprendernos o Día das Bibliotecas Escolares. Despois de ter seleccionado un conto moi coñecido por todos nós, quixeron ceder as súas voces para poder dar forma a este videoconto. Desexamos que vos guste!



ROBOTICANDO UN POUCO

Comezamos unha nova sección neste espazo de Libroreta cun par de enlaces a uns xogos moi  interesantes. Clica nos enlaces e disfruta dun momento moi divertido mentras pensas e axuda aso nosos amigos a lograr os seus retos.
https://blockly-games.appspot.com/

https://lightbot.com/flash.html