miércoles, 29 de marzo de 2017

VIGO RECICLA

Dende o Concello de Vigo chegou esta actividade que pretende concienciar sobre a importancia da reciclaxe para o noso planeta. Xunto ao Dinoseto os nosos alumnos lembraron onde hai que tirar cada material.

Ademais, como xa saberedes, os nenos e nenas da escola xunto ao mestre Jose Manuel Rodríguez Crespo, tiveron a honra de gravar a voz e música do" Rap do Dinoseto", que serve de banda sonora para este obradoiro que percorre diferentes coles da cidade.


             

martes, 28 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

No CEIP O Sello celebramos o Día Mundial da Poesía. Para elo, aproveitamos o estupendo traballo realizado polo alumnado do Voluntariado Lector da Biblioteca e do Club de Lectura. Estes grandes artistas prepararon un fantástico recital de poesía que presentaron por todo o alto nun local preto da escola. Pero non podían deixar de mostrar aos seus compañeiros o ben que o fixeron. Por iso, o venres, 24 de marzo repetiron o recital no cole para goce de todos.
Aquí vos deixamos estes vídeos nos que podedes ver o xenial traballo que realizaron.

                                   

domingo, 26 de marzo de 2017

CENTENARIO GLORIA FUERTES

Co motivo do centenario de Gloria Fuertes, o alumnado do Clube de Lectura " Crazy polos books" realizou un pequeno traballo de investigación sobre esta famosa poetisa e coa procura de información en diversas fontes colaboramos co resto de alumnado de voluntariado lector no I Recital de poesía do barrio. 
Sen dúbida unha experiencia incrible que repetiremos en anos vindeiros.Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo ao longo destes días.

 

viernes, 24 de marzo de 2017

RECITAL DE POESÍA

Tal é como estaba programado, o mércores 22 de marzo, para conmemorar o Día Mundial da Poesía, o alumnado do Voluntariado Lector e do Club de Lectura da escola realizaron o "I Recital de Poesía" do CEIP O Sello. O acto tivo lugar na Cafetería "Nuevo Don Alí", a cal lle volvemos dar as grazas pola súa colaboración na organización deste acto.
Aquí deixámosvos un pequeno vídeo para que os que non puidésedes achegarvos ese día, vexades o gran traballo realizado polo noso alumnado. 
¡¡Noraboa rapazas e rapaces!!

         

ALMORZOS SAUDABLES

Esta mañá, grazas ao Concello de Vigo o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria puido gozar dunha charla, baixo a temática "Almorzos Saudables". Aprenderon unha morea de cousas sobre a importancia de comezar o día cun almorzo san e completo, que favoreza o seu desenvolvemento e rendemento escolar. E para rematar, como non podía ser de outra forma, que mellor maneira de aprender que experimentalo directamente. Sen dúbida, un obradoiro moi saboroso.

          

lunes, 20 de marzo de 2017

UNS VOLUNTARIOS MOI EFICIENTES!!

O alumnado do voluntariado lector , fai unha labor moi importante para o funcionamento da nosa biblioteca: ordenar os libros, realización de empréstitos, axuda na decoración da biblioteca, arranxo de libro estragados, recomendacións de libros, participación en xogos lectores...